Antonio Carballo Tenorio: Diferenzas entre revisións

xornalista galego
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Antonio Carballo Tenorio''', finado en 1961, foi un xornalista galego. ==Traxectoria== Foi redactor de ''Tierra Gallega'' e director de ''..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2014 ás 21:33

Antonio Carballo Tenorio, finado en 1961, foi un xornalista galego.

Traxectoria

Foi redactor de Tierra Gallega e director de La Defensa a partir de 1907. Colaborou en Almanaque Gallego e foi redactor de La Voz de Galicia. Dirixiu La Hoja del Lunes da Coruña que apareceu en 1937. Empregado do concello da Coruña, foi nomeado Oficial Maior en 1940[1]. Foi vicepresidente da Asociación da Prensa da Coruña.

Casou na Coruña con Araceli Fernández en 1904[2].

Notas

  1. El Compostelano, 13-9-1940, p. 2.
  2. Diario de Pontevedra, 30-8-1904, p. 2.