Ufa: Diferenzas entre revisións

cidade de Rusia
Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Artigo básico, con datos das wiki en castelán e inglés.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de xuño de 2013 ás 21:43

Coordenadas: 54°43′0″N 55°58′0″L / 54.71667, -55.96667

Ufa
Bandeira Escudo
Información
País Rusia Rusia
República Bashkortostán
Poboación 1,064.200 h. (2010)
Alcalde Pavel Kachkayev
Páxina Oficial

Ufa ou Ufá (Уфа en ruso, Өфө en baskir) é unha cidade de Rusia, capital da república de Bashkortostán, situada na beira dos ríos Ufa e Bélaia, que conta cunha poboación de 1,064.200 habitantes (2010). A maioría dos habitantes da cidade son de étnia rusa (36'1%), tártara (28'3%) e baskir (17'1%).

Historia

Foi fundada como fortaleza en 1574 por Iván IV de Rusia "o terrible". No século XVIII converteuse nun salientable centro comercial e cultural da zona, e dende o ano 1781 tamén nun centro administrativo da rexión coñecida naquel entón como Oremburgo. O desenrolo industrial da cidade chegou co ferrocarril, que dende 1890 comunicou a cidade con boa parte do resto do imperio ruso. Durante a Guerra Civil Rusa, Ufa foi temporalmente a capital do Goberno Provisional de Tódalas Rusias, un movemento antibolchevique. Uns anos despois, durante a Segunda Guerra Mundial, a cidade tamén acolleu un tempo a capitalidade da República Socialista Soviética de Ucraína por mor da invasión dos nazis.

Industria

O descubrimento de petróleo en Bashkortostán durante a primeira metade do século XX transformou a Ufa nun importante centro industrial. Na actualidade ten industrias eléctricas, mineiras, petroquímicas e de procesado de alimentos.

Deportes

As principais entidades deportivas da cidade son:

Véxase tamén

Ligazóns externas