Laura Bugalho: Diferenzas entre revisións

sindicalista e activista galega
Contido eliminado Contido engadido
Versión inicial da páxina cunha mínima información de base, que habería que ampliar.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 16 de xaneiro de 2013 ás 06:53

Laura Bulgaho, nada en Santiago de Compostela 6 de maio de 1964 é unha sindicalista e activista galega en diversas causas políticas e sociais.

Traxectoria

Diplomada en Maxisterio e licenciada en Pedagoxía, na especialidade de Intervención Social, traballa como sindicalista da CIG desde 1992. Asemade ten destacado como activista LGBT, transfeminista e a prol dos dereitos das persoas migrantes. É membro do Foro Galego de Inmigración, do colectivo Stop Desahucios Compostela e tamén milita na causa soberanista galega.

Ten publicado diversos artigos nas seguintes publicacións: Andaina, A Nosa Terra, Novas da Galiza, Galiza Livre, Diario Liberdade e Sermos Galiza.

Recoñecementos

Laura Bugalho ten recibido, entroutros, os seguintes premios e recoñecementos:

  • Premio Legais 2001 a Defensa dos Direitos e Liberdades LGBT.
  • Premio Triángulo de Ouro EHGAM 2009.
  • Premio Nicolás Salmerón 2011 na categoría de Defensa das Liberdades Sexuais.

Véxase tamén

Ligazóns externas