Metacarpo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Nova páxina: "O '''metacarpo''' é unha formación ósea do membro superior humano, pertencente á man. É un conxunto de cinco ósos que forman o esqueleto da palma da [[m..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de decembro de 2011 ás 16:53

O metacarpo é unha formación ósea do membro superior humano, pertencente á man. É un conxunto de cinco ósos que forman o esqueleto da palma da man, un por cada dedo. Os cinco posúen tres porcións, unha base, que é o elemento máis superior; un corpo; e unha cabeza, situada na parte máis inferior do óso.

Articulacións co carpo

Cada metacarpiano artéllase por encima cos ósos do carpo, constituíndo as articulacións carpo-metacarpianas:

  • O primeiro metacarpiano artéllase co trapecio
  • O segundo metacarpiano artéllase co trapezoide
  • O terceiro metacarpiano artéllase co grande
  • O cuarto metacarpiano artéllase co grande e co ganchoso
  • O quinto metacarpiano artéllase co ganchoso

Articulacións coas falanxes

Cada metacarpiano artéllase cunha falanxe correspondente, formando as articulacións metacarpo-falánxicas:

  • O primeiro metacarpiano artéllase coa falanxe proximal do polgar.
  • O segundo metacarpiano artéllase coa falanxe proximal do segundo dedo ou dedo índice.
  • O terceiro metacarpiano artéllase coa falanxe proximal do terceiro dedo ou dedo medio.
  • O cuarto metacarpiano artéllase co cuarto dedo ou dedo anular.
  • O quinto metacarpiano artéllase co quinto dedo ou maimiño.


Véxase tamén

Bibliografía

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)