José Luis Pensado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Estevoaei (conversa | contribucións)
formato das datas de nacemento e morte
Liña 1:
'''José Luís Pensado Tomé''', nado en [[Negreira]] eno [[6 de marzo]] de [[1924]] e finado en [[Salamanca]] o [[15 de decembro]] de [[2000]], foi un filólogo e lingüista [[Galicia|galego]] que entre outros aspectos dedicou parte da súa á edición da obra do ilustrado frei [[Martín Sarmiento]]. Foi membro de número da [[Real Academia Galega]], correspondente da [[Real Academia Española]] e membro de honra da [[Academia de la Llingua Asturiana]].
 
==Traxectoria==
Pensado Tomé naceu en [[Negreira]], [[Provincia da Coruña|A Coruña]], o [[6 de marzo]] de [[1924]]. Rematados os seus estudos secundarios, iniciou en Santiago de Compostela os de Filosofía e Letras durante os dous primeiros cursos comúns, para pasar logo á Universidade Central de Madrid, onde acabou os de [[Filoloxía Romana]], na que tivo como profesor, entre outros, a [[Dámaso Alonso]]. Catro anos despois, en [[1954]], presentou a súa tese doutoral na mesma universidade.
 
Tres anos despois accedeu á cátedra da súa especialidade na Facultade de Filosofía e Letras da [[Universidade de Oviedo]], na que exerceu até 1963, ano no que accedeu á mesma cátedra na Facultade de Filosofía e Letras da [[Universidade de Salamanca]], na que exercería até o seu falecemento, nesa cidade a [[15 de decembro]] de [[2000]].
 
Era membro correspondente da [[Real Academia Galega]] desde [[1967]] e académico de honra da mesma desde [[1984]]; con a mesmo rango o era da [[Academia de la Llingua Asturiana]] desde [[1982]].
Liña 13:
Pensado Tomé estendera o seu saber a outros campos, editando diversas obras galegas, senlleiras, do período medieval, ou investigando sobre o asturiano-leonés. O seu coñecemento do conxunto da historia do galego, levouno a dar unha crítica profunda da transmisión do léxico galego a través do comentario da edición do primeiro dicionario da lingua galega: "Contribución a la crítica de la lexicografía galega, I" ([[1976]]), no que desvelaba a desfeita na edición do dicionario do bibliotecario [[Francisco Javier Rodríguez Gil]], que falecido este era directa responsabilidade de [[Francisco María de la Iglesia]], que o deu a coñecer en [[1863]]. Aínda que Pensado prometía análises similares para os dicionarios de [[Juan Cuveiro Piñol|Cuveiro]] (1876) e [[Marcial Valladares Núñez|Valladares]] (1884), o absorbente labor que supuña a edición da obra de Sarmiento e as ramificacións que aparellaba, impedíronlle cumprir a súa promesa.
 
== Publicacións (selección) ==
=== Edicións críticas ===
* ''Miragres de Santiago''. Madrid. CSIC. 1958.
* Fragmentos de un Libro de Tristán galaico-portugués. Santiago de Compostela. Anexo XIV de Cuadernos de Estudios Gallegos. 1962.