Olfacto: Diferenzas entre revisións

sentido que detecta e procesa os olores
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "thumb|250px|Zona cortical: gusto e olfacto. O '''olfacto''' é o sentido encargado de detectar e procesar os olores. É un quimiorreceptor no que a..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de agosto de 2010 ás 09:52

O olfacto é o sentido encargado de detectar e procesar os olores. É un quimiorreceptor no que actúan como estimulante as partículas aromáticas u odoríferas desprendidas dos corpos volátiles, que ingresan polo epitelio olfatorio ubicado no nariz, e son procesadas polo sistema olfactivo.

Zona cortical: gusto e olfacto.

O nariz humano distingue entre máis de 10.000 aromas diferentes. O olfacto é o sentido máis forte ao nacermos.

As sustancias odoríferas son compostos químicos volátiles transportados polo ar. Os obxectos olorosos liberan á atmosfera pequenas moléculas que percibimos ao inspirarmos. Estas moléculas alcanzan a mucosa olfactiva, que consta de tres tipos característicos de células: as células olfactivas sensoriais, as células de apoio e as células basais, que se dividen aproximadamente unha vez ao mes e substitúen ás células olfactivas moribundas. Os 20 ou 30 millóns de células olfactivas humanas conteñen, no seu extremo anterior, unha pequena cabeza con preto de 20 pequenos filamentos sensoriais (cilios). O moco nasal acuoso transporta as moléculas aromáticas aos cilios coa axuda de proteínas fixativas; os cilios transforman os sinais químicos dos distintos aromas en respostas eléctricas.

As prolongacións nerviosas das células olfactivas chegan ao bulbo olfactorio a través de micro-orificios no cránio; o bulbo é unha porción anterior do cerebro, que se ocupa da percepción dos olores. Estas prolongacións nerviosas terminan nos glomérulos, pequenas terminacións de celulas olfactivas de forma esférica onde se procesan os sinais aromáticos que logo son conducidos por células receptoras especiais. A información chega primeiro ao sistema límbico e ao hipotálamo, rexións cerebrais ontoxenéticamente moi antigas; responsábeis das emocións, sentimentos, instintos e impulsos, estas rexións almacenan tamén os contidos da memoria e regulan a liberación de hormonas. Por este motivo, os olores poden modificar directamente o noso comportamento e as funcións corporais. Só máis tarde parte da información olorosa chega á codia cerebral e se volve consciente.

Glándulas pituitarias

Os receptores químicos do olfacto son:

  • A glándula pituitaria vermella: Atópase na parte inferior das fosas nasais e está recuberta por numerosos vasos sanguíneos que quentan o ar.
  1. Células de apoio
  2. Células olfactorias
  3. Células basais

As células olfactorias son células nerviosas receptoras de estímulos químicos provocados polos vapores. Na pituitaria amarela atópanse as glándulas mucosas de Bowman, que liberan un líquido que manten húmido e limpo o epitelio olfactorio.

Para estimular estas glándulas cómpre que as sustancias sexan volátiles, é dicir, teñen que desprender vapores que poidan penetrar nas fosas nasais, e que sexan solúbeis en agua para que se disolvan no moco e cheguen ás células olfactorias. Estas transmiten un impulso nervioso ao bulbo olfactorio e dende este aos centros olfactorios da codia cerebral, que é onde se interpreta a sensación de olor. Disque existen 7 tipos de células olfactorias, cada unha capaz de detectar un tipo de molécula, é dicir, un tipo de olor. Estes son:

  • Alcanforado: cheiros similares ao naftaleno.
  • Almiscrado: cheiro a almiscre.
  • Floral: cheiro a flores.
  • Mentolado: cheiro a menta.
  • Etéreo: cheiro a éter etílico.
  • Picante: cheiro áspero e molesto.
  • Pútrido: cheiro a podre.

No ano 1991 descubríronse os primeiros xenes das proteínas receptoras do olor. Estas moléculas receptoras residen na membrana de células sensoriais, que reteñen un aroma e envían a mensaxe correspondente ao cerebro a través dunha cadea de reaccións químicas. En 1996 foi caracterizado o primeiro receptor olfactivo humano.

Doenzas do olfacto

  • Hiposmia é a redución da capacidade de detectar olores.
  • Anosmia é a pérdida do olfacto. Un dos primeiros síntomas na súa detección é que as personas que a padecen non sinten o sabor das súas comidas e a notan insípida (sen sabor) pola conexión que existe entre o sentido do gusto co olfacto. Adoita estar producida por trastornos químicos e, xeralmente, por traumatismos craniais ou intervencións cirúrxicas.
  • Sinusite ocorre cando a mucosa dos senos faciais se inflama. Algúns dos seus síntomas son fortes dores de cabeza e fluído constante de secrecións purulentas. Adoita aparecer despois dun arrefriado non curado totalmente.
  • Rinite ou Coriza afecta á mucosa nasal e dependendo da época, pode ser un síntoma de alerxias (se ocorre en primavera, pode revelar alerxias ao pole ou ao po). Produce espirros, obstrución nasal, secrecións nasais e, ás veces, falta de olfacto.
  • Polipos son tumores benignos ou quistes que aparecen nas membranas das mucosas irritadas, xeralmente por arresfriados frecuentes. Cando os pólipos obstrúen a fosa nasal ou producen dor, deben ser extraídos mediante unha intervención cirúrxica.

Existen tres grandes grupos de danos ao olfacto: danos químicos, cambios no tecido e danos físicos. Os danos químicos débense a factores esóxenos, neste caso a produtos químicos que poden producir efectos temporais ou permanentes, como sería o caso de respirar vapores corrosivos. Os cambios no tecido prodúcense por factores endóxenos como doenzas ou atrofia. Os factores físicos inclúen o dano mecánico producido por intervencións cirúrxicas ou traumatismos. Os factores que desencadean unha doenza no olfacto son principalmente infeccións nos seos paranasais, trastornos hormonais e problemas dentais, ademáis da exposición a axentes químicos. Existe un concepto interesante chamado fatiga olfactiva que consiste en que, logo de certo tempo en presenza dun tipo de olor, deixamos de percibilo. Esto pode supor un perigo, por exemplo, no caso dos tioles que leva o gas para poder ser detectado, pois tras uns minutos afacémonos á súa presenza e deixamos de detectalo aínda que é sinal de toxicidade e perigo.