Lagoa da Frouxeira: Diferenzas entre revisións

zona húmida en Valdoviño
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
inicio pax
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de decembro de 2009 ás 21:00

A lagoa da Frouxeira é unha zona húmida do concello de Valdoviño. Localízase ao pé da praia da Frouxeira, na parroquia de Lago, dando orixe ao nome da parroquia. Constitúe un ecosistema de gran valor, no que habitan milleiros de aves, en especial, migratorias, que atopan na lagoa o lugar ideal para descansar e aniñar. Está incluída no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia e considerada Zona Húmida de importancia Internacional polo Convenio de Ramsar.