Lingua kurda: Diferenzas entre revisións

lingua indoirania falada no Kurdistán
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Info lingua | nome = Curdo | nomenativo = Kurdî | pronuncia = | outrosnomes = كوردی | corfamilia = Indoeuropea | estados = Iraq, Irán, {Siria, [..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de outubro de 2009 ás 04:06

A lingua curda (Kurdî) é unha lingua indoirania falada no Curdistán, un territorio que abrangue poboacións kurdas en partes de Irán, Iraq, Siria e Turquía[7]. É empregado entre 25 ou 30 millóns de persoas, aínda que os datos exactos non se saben. O curdo pertence ao subgrupo occidental dos idiomas iranios, pertencentes á póla indoirania da familia indoeuropea. As linguas máis relacionados co curdo son o balochi, o gileki, e o talysh, que pertencen tamén á rama occidental setentrional dos idiomas iranios. O idioma persa, pertencente ao ramo sudoccidental, tamén se considera unha lingua relacionada co curdo.

Curdo
Kurdî
Outros nomes:كوردی
Falado en: Iraq, Irán, {Siria, Turquía, Armenia, Líbano
Total de falantes:
26.000.000[1], ou 39.500.000 [2][3][4][5]
Posición: 52-39
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Irania
   Irania occidental
    Irania do noroeste
     Curdo
Escrita: Alfabeto curdo (unha variante do alfabeto árabe) en Iraq e Irán, alfabeto latino en Turquía e Siria, e o alfabeto cirílico na extinta URSS.
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Iraq Rexión Autónoma de Curdistán
Irán Provincia de Curdistán - status constitucional de lingua rexional.

Armenia - lingua minoritaria[6]

Regulado por: Non está regulado
Códigos de lingua
ISO 639-1: ku
ISO 639-2: kur
ISO 639-3: varios:
kur — Curdo (xenérico)
ckb — Curdo central
kmr — Curdo do norte
sdh — Curdo do sur
Mapa
Extensión do curdo en 1986
Status

Hai tres dialectos importantes da lingua curda, relacionados coa súa distribución xeográfica. O curmanxí ou curdo setentrional é falado polos curdos en Turquía, Siria e partes da ex-Unión Soviética. O soraní ou curdo central é falado no Curdistán Iraquí e no Irán, e o queluri é falado no oeste do Irán.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas