Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 201:
 
:ok Atobar, xa lle comentarei mañá, se teño tempo, iso a Lameiro.
 
== Linguas ==
Estívenlle dando voltas á cuestión das linguas e non creo que se poida facer unha política xeral para decidir o que se debe titular lingua e o que se debe titular dialecto, hai que decidilo caso por caso seguindo fontes acreditadas, por exemplo no caso do gascón, a inmensa maioría dos estudos sobre o occitano encadran o gascón nesa lingua, é realmente difícil atopar traballos xerais do occitano que non inclúan o gascón, neste caso poño por caso quen tería que achegar referencias é o que pretendese darlle o título de lingua gascona. No aranés realmente non hai ninguén que diga que é unha lingua independente, utilízase a forma lingua aranesa pero só é iso, unha forma para denominar á variedade gascona occitana do Val de Arán. Na Galipedia á tradición é titular lingua de tal, pero non sei realmente onde está esa norma [[Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos]], quizais engadir alí que no caso dos sistemas lingüísticos utilizarase lingua ou dialecto no título segundo sexa común en traballos e publicacións acreditadas, con excepción das linguas artificiais que deberían levar tan só o nome da lingua, xa que non é habitual falar de lingua interlingua, lingua ido ou lingua esperanto. Cóntame a túa opinión. --[[Usuario:RNC|RNC]] 12:58, 8 agosto 2009 (UTC)