Benvido(a) á Galipedia, Ibérico!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

  • Rocastelo esta ausente esta tempada por asuntos de causa maior, pero a mensaxe que deixaches no seu taboleiro xa foi atentida min. Polo que o arquivo (ou que fuse) de nome Ibériqo xa está eliminado. Saúdos --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 11:39, 29 abril 2007 (UTC)

Galego reintegradoEditar

  • A verdade non é que se poida, de feito non se debe; posto que non está observado por Real Academia Galega. Dende un principio a Galipedia e proxectos adxuntos rixense, independentemente das normas do wiki, porla normativa do RAG no trocante o idioma; dende aquela e namentres o RAG non amose a admisión do reitegrado como parte da linguaxe escrita (ou falada) este proxecto seguirá a contempla-la normativa actual (que, polo de momento, segue sen contemplar o reintegracionismo). Compre pois seguir escriturando os artigos no galego oficial. Un saúdo. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 01:38, 9 maio 2007 (UTC)
  • Para o problemas coas vogais e demáis artigos en cuestión podeste axudar desta páxina. Pero a maiores, soicita axuda no mesmo apartado da taberna, sempre haberá alguén que vote unha man nas corrección lingüisticas, ortografía e demáis en xeral. Un saúdo. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 00:59, 10 maio 2007 (UTC)

Re: Luiz GonzagaEditar

Benvido á Galipedia Ibérico. En http://sli.uvigo.es/corrector/ tes OrtoGal un Corrector ortográfico en liña de galego. Admite como máximo 10.000 caracteres. Se cadra tamén atopas útil está páxina con recursos relacionados co galego. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:51, 11 maio 2007 (UTC)

NeonacisEditar

Non é o que eu pense... É o que se pode comprobar. --Xabier Cid 23:41, 25 maio 2007 (UTC)

Pa dianteEditar

¡ Ola Ibérico ! Falo galego como me sai cos recordos de nena. Pa colaborar eiqui axudome cas ferramentas de User:Prevert, e logo pasa algun usuario simpatico que corixe os meus errores. O millor e colaborar. Eress provocador na wikipedia en francès. No artigo fr:Real Academia Galega, eu puxen a fonte do que escribin. Agora tocache a ti de por a fonte do que dis. Si non eu misma irei borrar. Tamen podes mirar fr:Discuter:Real Academia Galega. Todo isto no e problema de opinion etre nos, e traballo que compre fagelo ben. Pa non enfadarme contigo e segir colaborando crie onte o artigo fr:AGAL. Podes milloralo. Un gran saudo Elvire 17:32, 2 xullo 2007 (UTC)

¡ola Iberico ! Cada un ten a súa opinión, e respecto a persoíña que pensa que AGAL fai as millores normas. Contribuír na wikipedia que séa a francesa ou a galega non e o lugar de dar a súa opinión pero de facer artigos con datos de informe que teñan fontes comprobadas. Pois a RAG ten a misión legal da normativa do galego e AGAL e unha asociación que fai normas. No artigo da fr:RAG francés puxen a fonte do BOE que di isto no artigo 25, e digo que AGAL fai outras normas lusófonas. Por outra parte críe o artigo fr:AGAL presentando o PLG. Podes mellorar o artigo fr:AGAL, pero estas empezando unha guerra de edición no artigo da RAG francesa. Non borres cando che piden fontes por favor. Un cordial saúdo. Elvire 00:21, 3 xullo 2007 (UTC)

Uso das páxinas de discusiónEditar

Ola Ibérico. O uso que vostede fai das páxinas de discusión ([1], [2], [3], [4], [5]) dirixindose a usuarios que non coñece para expoñerlles as súas teimas personais é completamente alleo ao xeito de comunicarse neste wiki. Prégolle que limite as súas contribucións a datos certos verificables en fontes fiables. Por favor evite facer valoracións personais ou de intencións sobre usuarios que levan colaborando con esta comunidade desde hai moito tempo e que contan cun historial de contribucións moi valioso e respectado polo conxunto dos colaboradores deste wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:17, 2 xullo 2007 (UTC)

xente de boa feEditar

¡ Ola Iberico !. Ninguén che vandaliza. Wikipedia que sexa en frances, galego, portugues ou castelán segue a mesma meta de dar informaciones comprobadas e sen opinion persoal. As fontes teñen que ser legais cando se fala das normas legais. Cando se trata dun concepto enciclopedico pois as fontes son os escritos que teñen notoriedade e son resultados de estudos patentemente cientificos. Ricardo Carballo Calero considerado como reintracionista pode ser unha fonte, polo tanto perteneceu a RAG. Pero nin siquera escreves cousas sacadas dos seus libros. O que ti ou eu comprobemos comparando o latin con calquera escrito en galego para comprobar o que sexa non ten valor para porse en wikipedia. Iso seria un traballo persoal pero en ningun caso seria un texto para un artigo da wikipedia. Por demas non me parece que estees facendo obra de estudo sobre a etimologia do galego, pero mais ben defendendo a tua opinion. A tua opinion ten valor, como a de calquera. Iso esta moi ben. Logo tes que defender a tua opinion en charlas, ou en periodicos ou onde che escoiten, mais eiqui na wikipedia, nin a galipedia, nin a francesa non son bares de charlas de ese tipo. Non che poñas de martir na wikipedia queixandote de censura e poñendote de martir. Faslle perder tempo à xente e malgastas o diñeiro que lle custa a wikipedia para manter a enciclopedia. Bo todo isto por ver se es de boa fe. Sen mais saúdoche Elvire 16:25, 3 xullo 2007 (UTC)

Bo imos deixar a charla. Paréceme comprobar que son de moi boa fé : o artigo frances fr:AGAL debe convirche, xa que non añadistes ningunha informacion. Sen mais polo meu lado saúdoche. Elvire 21:53, 3 xullo 2007 (UTC)
  • Bueno, vista do que ai exposto por parte de Prevert e de Elvire, so me queda a engadir un par de cousas que deben de dalo punto final a este tipo de discusións que non chegan a nengunha parte. Perantenada decirlle que se o reintegrado está marxinado é debido a certas asociacións (entre elas, unha moi principal pola que vostede amosa simpatías) que na vez de dialogar e presentar os seus estudos (dende un principio) creeron que todo o monte era oregano, el co dito de "quen me pon a perna enriba" pensaron có que eles din ía a misa. De sobras está contrastado que non é así (polo de agora) é, namentres non tomen outro camiño as cousas; só cabe pedirlle que a hora de facer un artigo na prol deste proxecto, utilice o galego normativo e ciñase a reglas do wiki. Lembre que é moi doloroso que se cree un artigo empregando devandito dialecto (xalexo, según vostede) e que veña outro/a usuario e o marque para traducir, artigo con problemas ou para borrar. Por outra parte mentarlle que a RAG non se arrostra da forma na que vostede dí (expresando que ten odio o portugués), nada diso sempre a respetou como lingua (do mesmo xeito os usuarios deste proxecto tamén a tentan respetar). Dí que consulte na romanística e que vexa, o mesmo lle remito cando, por algures teña vostede aceso a un incunabel e vexa o galego escrito por Afonso X o Sabio. Saúdos e teña bó día.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 23:59, 3 xullo 2007 (UTC)


Censu...que?Editar

Semella que vostede ten un concepto demasiado amplo da palabra censura, porque considerar censura as expresións "Por favor" ou "Prégolle que" na miña opinión resulta excesivo. Só espero que non sexa deses aos que se enche a boca con certas palabras e logo son os primeiros en aplicalas. Para finalizar dicirlle, como xa teño dito en moitas outras ocasións, que a miúdo chegan a este e a outros wikis da Fundación Wikimedia persoas que pretenden influír nos artigos de entidades, persoas, crenzas,... coas que están relacionados ("Quanto à AGAL (da qual sou sócio membro),..." Ibérico) ou naqueloutras as que se opoñen ([6], "L'Associaçom Galega da Língua (AGAL) http://www.agal-gz.org est la vraie académie du galicien" Ibérico, [7]). Ese procedemento non está admitido na Wikipedia e sempre que se detecta corríxese ben porque se trata de autobombo, autopromoción, vangloria ou vaidade persoal ben porque pretende agochar como unha referencia de terceiros algo que procede dun mesmo. Admito que o seu interese principal sexa a AGAL porén o noso é a Galipedia (e a Wikipedia en xeral), respecte aos colaboradores deste proxecto e respecte o noso traballo. Por iso, non é correcto intentar beneficiar ou prexudicar a imaxe dunha ou doutra entidade á marxe das regras da Wikipedia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:35, 4 xullo 2007 (UTC)

Bo día Ibérico. Unha vez revisadas todas as súas mensaxes vexo que falamos linguas distintas —naturalmente non me refiro á normativa—, vostede crese co dereito de ter privilexios que o resto dos editores do wiki non temos nin queremos. Non sei porque motivo varios membros da AGAL1 —vostede non é o primeiro— que se achegaron a este wiki pretenderon e pretenden que fagamos excepcións na aplicación das regras que rexen a Wikipedia. Se lles negamos eses privilexios acúsannos sen ningún reparo de censores e quen sabe que máis. Afirma vostede "...Estes conceitos não os conheço: 'autobombo, autopromoción, vangloria ou vaidade persoal'..." Supoño que si coñece o de honradez (segundo o Gran Dicionario Século21 da Lingua Galega: "Calidade de quen, aínda tendo a oportunidade de enganar e tirar proveito diso, non o fai, así como dos seus actos e ditos"), só lle pedimos iso e que se ateña a política e normas deste proxecto. Se é así a súa colaboración é benvida senón aplicaremos o procedemento habitual en cada caso, nin máis nin menos. Por favor non faga interpretacións reviradas do dito e deixe de "cuspirme"2 mensaxes coma esta: "Agal / Rax(alexa) La censure est universelle. Merci. Ibérique" Non vou responder, polo xeral non respondo aos insultos. Para finalizar pídolle outra vez por favor que non me deixe máis mensaxes retóricas, creo que o asunto está ben claro. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:09, 5 xullo 2007 (UTC)
1 Nótese que digo varios non todos, nin fago unha valoración de conxunto nin da organización. Só é un valoración empírica baseada nas aportacións dos autoproclamados (neste e noutros wikis, incluídos outros sitios web externos) membros da AGAL.
2 Utlizo esta palabra porque me parece que reflicte moi ben o sentido desas intervencións súas. Non hai ningún tipo de connotación referida a que ditas palabras produzan en min anoxo ou resentimento cara vostede. Son incapaz de experimentar esas emocións en situacións coma esta, como moito cansazo por ter que escoitar os mesmos tópicos.--Prevertgl 11:09, 5 xullo 2007 (UTC)
Boa tarde. Segue sen pillalo, aparentemente semella que o tema da normativa non lle deixa ver de que vai toda esta historia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:08, 5 xullo 2007 (UTC)

"Racismo" aranistaEditar

Vou tentar explicar por que poño "racismo" entre comillas Pero antes vouche dicir un par de cousas que creo que convén que queden claras:

  • Non son simpatizante de Sabino Arana, nin do PNV especialmente. Considero iguais a tódalas persoas.
  • Eu son partidario de retirar a verba "racismo". Pero algo hai que mencionar, e penso que non hai verba axeitada para referirse a ese pensamento.

Indo ó grao: Segundo a RAE (non hai dicionario onlide da RAG):

racismo.

1. m. Exacerbación del sentido racial de un grupo étnico, especialmente cuando convive con otro u otros.

2. m. Doctrina antropológica o política basada en este sentimiento y que en ocasiones ha motivado la persecución de un grupo étnico considerado como inferior.

Sabino Arana exacerba á raza vasca... pero de feito, tamén Vicente Risco ou Francisco Franco exhacerban respectivamente as razas galega e española. Eu non son amigo de razas e demáis lerias, son máis amigo de culturas. Pero cómpre considerar que tódolos políticos da época falaban de raza (e non por iso decímolles racistas), é lóxico, estamos a falar de fináis do século dezanove e comezos do vinte. Igual que agora tódolos políticos falan de sociedade, e seica nun futuro isto será mal visto... por esta banda non se lle pode considerar racista.

Sabino Arana non persegue ós demáis, isto é innegábel. Poderíamos dicir que non tiña poder para facelo, pero a verdade é que nos seus escritos non di que hai que exterminar ningunha raza nin lerias desas. Cando critica ós españois, non o fai porque sexan españois ou porque sexan unha suposta raza inferior. Critícalles porque deturpan a lingua e cultura vasca. Critica pola actitude cultural e política, non pola raza.

Creo que deberíase nomear a Sabido como un nacionalista do século XIX (así eran todos, e máis os nacionalistas españois). Pero do mesmo xeito, Francisco Franco, que vaia por diante resúltame noxento (fixo dano á miña familia), fala de raza española, e de como é superior ás demáis, pero non persegue ás razas non españolas. Ninguén o considera racista. É asasino, ditador e imperialista, pero non racista.

Espero ter aclarado algo con esta caótica mensaxe. Por outra parte, cando vaias a facer cambios nun artigo bastante elaborado e sen edicións recentes, pídoche que expoñas as túas razóns na páxiba de discusión. E por favor, asina. --Norrin_strange (Talk) 19:48, 5 xullo 2007 (UTC)

  • Grazas polo ton da túa resposta. Non sei, disque algúns partidos de hoxe son racistas... Ben, agás o partido portugués do que falas (do que, hei de confesalo, non teño nin idea), podo dicirche que a UDC catalá non ten nada de racista. PxC tampouco o é: é xenófobo, que é igual de malo, pero que non é o mesmo. O PNV tampouco ten, xa te dixen, nada de racismo. Penso que a cualificación de "Racista" cómpre evitala o máis posible, agás en casos clarísimos como pode ser o de Adolf Hitler, pola gravedade que ten. Por outra parte, tódolos políticos da época de Arana eran nacionalistas (españois, vascos ou cataláns), pero non por iso imos chamar a tódolos políticos desa época racistas. Saúdos. --Norrin_strange (Talk) 09:03, 6 xullo 2007 (UTC)
  • Non entendo o que dis que eu non existo como usuario, que queres dicir?--André 16:26, 12 agosto 2007 (UTC)


AxudaEditar

Olaa Ibérico, ¿Qué tal estades? ¿Podrías ayudarme a tradcuir esto del francés? ES que hay cosas qeu non entiendo. Gracias. ¿Te has pasado por la Wikia andalu? Hay noticias nuevas, pero te lo cuento en otro lado. --Chabi 13:40, 25 outubro 2007 (UTC)

Moito obrigado pela túa ajuda. --Chabi 16:23, 26 outubro 2007 (UTC)

PaiãoEditar

Ola, Ibérico, que tal? Mudei o artigo sobre Carlos Paião suprimindo informacións mal referenciadas, valoracións persoais e todo o referente ao rumor sobre se estaba vivo ou morto cando o soterraron, porque tampouco é unha información referenciada. Traducir erros doutras wikipedias non fai máis ca aumentar o tamaño do erro. Moitas grazas. --Xabier Cid 14:00, 15 xaneiro 2008 (UTC)

É unha versión túa persoal ou conta con algunha referencia? por iso revertín a edición, non sei se está claro.Acerto 10:52, 3 febreiro 2008 (UTC)

  • Unha das normas máis básicas é que a wikipedia non é unha referencia.Acerto 10:57, 3 febreiro 2008 (UTC)
  • É a versión oficial do Noso Pai en lingua galega da Igrexa católica, se existe unha versión oficial do Noso Pai das igrexas evanxélicas galegas o lóxico é que se poñaAcerto 11:03, 3 febreiro 2008 (UTC)

OlivenzaEditar

  • Admito que fun brusco ao revertir a súa edición pídolle disculpas se o ofendín. O problema é que na wikipedia non se pode meter calquera cousa, nas ligazóns externas dos artigos teñen que ir ligazóns apropiadas, non parece que unha canción por moi fermosa que sexa cumpra eses requisitos no caso que nos ocupa.--Arco de Rayne 09:55, 9 marzo 2008 (UTC)

Razóns do bloqueoEditar

Ibérico: procedo ó teu bloqueo durante un mes polas túas manifestacións no blog de Agal [8], nas que expresas sen disimulo que as túas achegas teñen "A intenção de demonstrar que o galego e o português são a mesma língua, e nesses artigos tudo (menos a ortografia) fica mesmo em português ou galegoportuguês". Non é admisible que utilíce-la Galipedia coa pretensión de difundir unha idea político-lingüística e reivindicar unha determinada Norma, ó non ser este, como ben sabes, o lugar para esa defensa nin ese debate. Á marxe do contido dos artigos e dos lusismos que conteñen, a túa participación na Galipedia ata o momento corresponde máis a un uso ilexítimo que a unha vontade colaborativa, e semella unha campaña de desprestixio da Galipedia, á que descalificas claramente naquel foro.

O feito de que a mensaxe que tes na túa páxina de usuario comunicando que fuches expulsado da wiki española ligue co artigo censura, xa merecería por si só unha advertencia.

Se tras este mes de bloqueo non percibimos un claro cambio de actitude, procederei ó bloqueo definitivo. Da lectura da túa páxina de conversa queda ben claro que fuches advertido xa demasiadas veces. Pedro --Lameiro (conversa) 15:29, 27 xuño 2009 (UTC)

  • Hai unha resposta fácil para a túa pregunta: ¿que tes que facer para permanecer na galipedia? Simplemente construír. A ver se me explico. A Galipedia é unha enciclopedia en galego, e a norma ortográfica que decidimos utilizar é a que marca a Real Academia Galega. Na Galipedia creamos artigos enciclopédicos a base de información publicada e referenciada, e non damos opinións persoais nin na forma nin no fondo. A Galipedia impúxose unhas normas e, quen queira participar benvido sexa, sempre que respecte esas normas. A cousa é simple e non ten maior complicación.
  • Tódolos usuarios da Galipedia somos persoas cada un coa nosa ideoloxía política, lingüística, relixiosa, social ou o que sexa, e en función desa ideoloxía participa -se quere- nun partido político, nun movemento social ou nun club de fútbol, onde queira. Cada quen ten as súas ideas e merece todo o respecto por parte dos demais, pero esa ideoloxía, no teu caso a túa opción lingüística, non se discute aquí, senón no seo do partido, foro, parroquia ou asociación que corresponda. Descoñezo o que puido pasar na wikipedia en español e non podo opinar, pero o teu historial na Galipedia indica que estás máis preocupado na defensa da túa opción lingüística que na construción de material enciclopédico.
  • Os teus argumentos naquel foro e que transcribín hai un mes no anuncio do bloqueo conteñen dúas afirmacións que rachan co espíritu da Galipedia: primeiro, que "A [miña] intenção de demonstrar que o galego e o português são a mesma língua", teoría á que tes todo o dereito pero que non podes vir aquí a defendela e terás que deixalo para outros ámbitos (o foro AGAL, por poñer un exemplo) e, segundo, "[A [miña] intenção de demonstrar que] nesses artigos tudo (menos a ortografia) fica mesmo em português ou galegoportuguês". Non: deberá quedar en galego, e en galego normativo, por se houbese dúbidas. Se aceptas isto nunca haberá problemas; se non, adiós e tan amigos. Xa sabes que ser galipedista é un acto voluntario.
  • Máis razóns do que estou a dicir podes lelas na discusión que mantivemos previa ó treu bloqueo, na que diferentes galipedistas expresaron a súa opinión sobre o que dixeches e o que fixeches ata agora na Galipedia. O bloqueo, temporal ou definitivo, é unha alternativa dura e desagradable, tanto para quen o recibe -supoño que máis- como para quen a executa, pero cando se dan certas circunstancias non queda máis remedio que tirar de bisturí se queremos mante-lo espíritu colaborativo, se queremos traballar en paz.
  • Disme agora que "Os artigos poden conter "lusismos", lóxico. Tamén conteñen anglicismos e outros -ismos. Todo é normal. Tamén ... arxentinismos na wiki en español, suízos na francesa, valencianos na en catalán, norteamericanos na en inglés, etc. Nada de mal niso". Pois si, si que está mal. Calquera estranxeirismo, sexa léxico ou gramatical, debe ser considerado incorrecto en galego, e en galego temos, case sempre, solucións aprobadas ou propostas por autoridades lingüísticas, solucións polas que deben substituírse aqueles estranxeirismos erróneos. Xa sei que abundan como a xinxa, na Galipedia e supoño que en tódolos proxectos irmáns, pero a súa presenza frecuente non os converte en admisibles. Deben ser corrixidos. Se utilizas un tradutor ou corrector que non se rixe polas normas da RAG-VOLGa, síntoo, pero só podo concluír que utilizas unha ferramenta inadecuada que dá lugar a resultados erróneos. Insisto: erróneos desde o punto de vista que expliquei ó principio: Normas Ortográficas da RAG-ILGa. Outras autoridades, outros movementos, outros autores defenden outra normativa que aquí non se critica pero que tampouco se acepta na Galipedia.
  • Dicías máis naquela mensaxe do foro: que "Continuo a não concordar com o xalexoespañol" (supoño que chamas así ó que nós chamamos galego) e que "é uma parvoice essa ortografia xalexoespañola". Se somos unha panda de parvos -parvo é quen fai parvadas- ¿que te forza a estar entre nós? Continúas coa ligazón ó artigo censura desde a caixa de usuario co anuncio da túa expulsión da wiki española, decisión consensuada que non é censura ás túas ideas senón á ruptura das normas, pero entendo que aludir á censura é máis "comprometido" e "heroíco" (ou victimista). Agora fíxome na banderita española franquista coa que ilustras na túa páxina o teu usuario español. Mira, sinceramente, con estes mimbres poucos cestos podemos facer.
  • Resumo. ¿Que tes que facer? Construír. Respectar as normas e políticas da Galipedia (e a los usuarios da Galipedia). Levar a outra plataforma a defensa e difusión das teorías que sostés sobre galego e portugués. Cambiar de corrector ortográfico. Personalmente, pediríache tamén que te desdixeras do expresado naquel foro, que cambies esa ligazón á censura e que cambies de banderita. Quizais pareza demasiado exixente pero, sinceramente creo, que só poño riba da mesa as poucas normas que rixen a Galipedia e que ti decides se as aceptas. Meu pai dicíame: Estas son lentejas, si quieres las comes y si no las dejas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:25, 27 xullo 2009 (UTC)
Ibérico: apúntome ao cento por cento ao ton cordial e franco co que che espuxo a situación Lameiro e por suposto ao que dixo, e como vin que lle pedías información sobre outros tradutores e correctores, aquí che deixo unha ligazón para que te poñas con eles. Preme aquí. Unha cousiña si che pido, porque se fuches quen de aprender a escribir noutra norma abofé que che vai ser doado escribir na que aquí se emprega, que amais de escrita e falada, como sabes, de modo que ponte con ela, home, que mal non che vai facer e axuda vala ter por parte de todos nós. Nadiña máis polo de agora. Insisto, malia que coas reservas lóxicas que aconsella a prudencia, apoio non che vai faltar se aceptas as normas e políticas de consenso que aquí existen, por fortuna. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:19, 29 xullo 2009 (UTC)

Ciudadanos-Partido_de_la_CiudadaníaEditar

Ola! Remato de variar a orientación de Ciudadanos-Partido_de_la_Ciudadanía que ti fixeches, coa documentación que aporto na páxina de conversa. Saúdos, --Agremon(contacto) 2 de marzo de 2015 ás 21:40 (UTC)

Eu? --Ibérico (conversa) 3 de marzo de 2015 ás 14:26 (UTC)

Se non mirei mal no historial si. De calquera xeito, xa o variei. Saúdos, --Agremon(contacto) 3 de marzo de 2015 ás 14:47 (UTC)