Diurno (Renfe): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: thumb|300px|right|Diurno 280, ''Galicia-País Vasco'', saíndo de ''Vitoria'' con destino ''Irún''. Os trens '''Diurno''', antigamente tamén chamados ''Rápi...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de xaneiro de 2009 ás 22:37

Os trens Diurno, antigamente tamén chamados Rápidos, eran, na época dos 80 e principios dos 90 a insignia do ferrocarril español.

Diurno 280, Galicia-País Vasco, saíndo de Vitoria con destino Irún.

Este modelo é o clásico concepto de tren, en canto a que é unha locomotora que arrastra un conxunto de coches de viaxeiros. Actualmente só quedan un servizo en funcionamento, que cubren a relación entre o País Vasco e Salamanca. Son arrastrados por máquinas da serie 269 ou da 333. Os coches en sí, son da serie 9000; estos vehículos foron adquiridos por Renfe entre 1980 e 1985, e foron unha auténtica revolución, pois teñen unha excelente calidade e estabilidade na marcha, e son aptos para circular a 160km/h, grazas aos bogies tipo GC (Gran Confort) ou Fiat. Estes servizos están actualmente en declive, debido ao escaso cuidado ao que sometéronse estes vehículos nos últimos anos, a ausencia de mantemento, e á priorización da alta velocidade frente a calquer outro sistema de transporte por ferrocarril.

Inicialmente, estes trens ofrecían 1ª e 2ª clase, cafetería ou restaurante, e incluso guardería; ademáis algunhs dos servizos contaban con servizo de paquetería, e incluso levaban un vagón de correos; outros incorporaban tamén plataformas portaautomóbiles Autoexpreso, se ben estes últimos servizos repartíanse tamén cos trens nocturnos.

A día de hoxe moitos foron desguazados, enaxeados, abandoados en estacións ou transformados na serie 2000 (Arco).

Características técnicas

Liñas nas que opera País Vasco-Salamanca
Fabricantes CAF
Unidades fabricadas 140
Ano de posta en servizo 1980-1985
Velocidade máxima 160 km/h
Velocidade comercial 160 km/h
Número de prazas 80 (na 2ª clase, única existente
actualmente no servizo Diurno)
Manga de calefacción sí, a 3 kV (CC)
Ancho de vía 1.668 mm

Estacións con servizo Diurno

 
Diurno 280, Galicia-País Vasco, en Rentería.

Diurno País Vasco-Salamanca

Duas ramas saen de Bilbao e Irún/Hendaia e coinciden no percorrido entre Miranda de Ebro e Salamanca

Antigos servizos Diurno ou Rápido

Tren (Nº) Perorrido Época de funcionamiento Observacións
Río Aragón Madrid-Chamartín - Xaca - Madrid Chamartín 198x - 2003
Covadonga Xixón - Barcelona-Sants - Xixón actualmente unha rama do Talgo Covadonga
Serra de Gredos Barcelona - Salamanca / Cáceres / Plasencia e vv. 1988 - 2000 Barcelona-Salamanca queda cuberto por unha rama do Talgo Miguel de Unamuno
Iberia País Vasco - Salamanca/Cáceres/Madrid agora só cubre País Vasco - Salamanca
Camiño de Santiago País Vasco - Galicia ata maio de 2008 cuberto polo Arco Camino de Santiago
Torre do Ouro Barcelona - Valencia - Alcázar de San Xoán - Cádiz ata 2004 Actualmente AVE Barcelona - Madrid - Sevilla
García Lorca Barcelona - Valencia - Alcázar de San Xoán - Málaga / Granada actualmente Arco García Lorca añadindo Sevilla-Santa Justa, Badaxoz e Almería como destinos

Enlaces externos