Pazo de Reboreda (Redondela)
O Pazo de Reboreda é unha casa do lugar de Quintana, anexa á igrexa de Santa María de Reboreda, no concello pontevedrés de Redondela.
Descrición
Foi fundado a finais do século XVII por García Prego de Montaos. Os Prego de Montaos emparentaron cos Troncoso de Lira e cos vascos Mondragón, que fixeron a capela, despois igrexa parroquial.
Moi modificado, o seu estado de conservación é bo. Está comunicado coa igrexa por unha pasaxe elevada.[1] Feito con perpiaño e cachotería, con cuberta a dúas augas, ten un portalón ameado cara ao oeste, un hórreo na finca, e dous escudos na fachada leste, amais do escudo da ábsida da igrexa.
Pertenceu a Ignacio Manuel Pereira, caudillo de milicianos que participou na Batalla de Ponte Sampaio da Guerra da Independencia española. Na casa naceu Xoán Manuel Pereira de Castro, seu fillo, protagonista da novela O señorito da Reboraina de Ramón Otero Pedrayo.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pazo de Reboreda |
Bibliografía
- Juan Manuel López-Chavez Meléndez e Grato Enrique Amor Moreno: Inventario Pazos y Torres de la provincia de Pontevedra (tomo I), p. 188. Deputación de Pontevedra, 1988. ISBN 8486845092.