Ramón Abeleira Menéndez

político español
Revisión feita o 30 de xuño de 2013 ás 12:08 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Artigo creado co Asistente para a creación de artigos)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Ramón Abeleira Menéndez foi alcalde presidente de Vigo.[1]

Traxectoria

Ramón Abeleira foi nomeado o 4 de xaneiro de 1840 e gobernou ata a revolución do xeneral Espartero, en 1843. Pertenceu á "Xunta de Vigo" e tomou parte do golpe de estado do Xeneral Espartero cando Vigo era capital de provincia. Vigo continuou sendo fiel a Espartero cando este foi apartado do goberno da nación en 1842. A poboación, maioritariamente liberal, vía con desgusto ao novo réxime moderado de Ramón María Narváez.

Desde 1894, ten adicada unha rúa no casco vello, antes chamada Pracer.[2]

Notas

  1. Xurxo Martínez González, "Crónica do levantamento de 1840 en Vigo" no Boletín do Instituto de Estudos Vigueses, n.º 15, ano 2010.
  2. Rúa de Abeleira Menéndez

Véxase tamén

Bibliografía

  • Faro de Vigo S.A. (ed.). Historia Ilustrada de Vigo. ISBN 84-87657-99-0. 
  • Vázquez Xil, Lalo (1991). Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo. ISBN 84-87379-47-8.  Parámetro descoñecido |locaclización= ignorado (Axuda)
Predecesor:
?
 
Alcalde de Vigo

1840-1843
Sucesor:
Marqués de Valladares