Galieno

emperador romano entre 253 e 268

Publius Licinius Egnatius Gallienus, nado no 218 e finado no 268, foi un emperador romano.

Infotaula de personaGalieno

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) P.Licinius Egnatius Gallienus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte268 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Mediolanum, Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Emperador romano
outubro de 253 – setembro de 268
← ValerianoClaudio II o Gótico →
Senador romano
Cónsul romano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e militar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico da Roma antiga , militar da Roma antiga , poeta , político Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano e Baixo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaValerian dynasty (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeCornélia Salonina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParellaPipara (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosValeriano II (pt) Traducir
 () Cornélia Salonina (pt) Traducir
Mariniano (pt) Traducir
 () Cornélia Salonina (pt) Traducir
Salonino (pt) Traducir
 () Cornélia Salonina (pt) Traducir
Quintus Julius Gallienus (en) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata
PaisValeriano Editar o valor em Wikidata  e Mariniana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsValeriano Menor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesGalliena (en) Traducir (valor descoñecido) Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 35576305 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era fillo do emperador Valeriano e a súa esposa Egnazia Mariniana. Naceu no 218 e foi nomeado polo seu pai correxente á idade de 35 anos, primeiro como César e despois como Agustus, cando este subiu o poder no 253. Os dous correxentes tiñan unha política lexislativa común, aparecían xuntos nas moedas, a política interna etc, ...só tiñan separados o aspecto militar, tocándolle a Galieno a parte Occidental do imperio.

 
Galieno no anverso dunha moeda romana (antoniniano)

Tocoulle vivir unha época moi difícil no Imperio, en plena decadencia e con continuas invasións e proclamacións. No ano 254, actuou na Galia, impedindo que as tribos xérmanicas pasasen o río Rin, e fortificou as cidades de Colonia, Treveris, Novaesium, Autumnacum. Rexeitou o goberno dos agres decumani para se asegurar as terras do Alto Rin e o Danubio. No ano 257 vence os dacios e no ano 259 consegue deter os alamanos que se dirixían a Italia, na batalla de Mediolanum.

Casado con Cornelia Salonina, de tendencias filocristiás, foi un fervente admirador da cultura grega, e a súa tendencia filosófica estaba moi unida a Plotino, que naquela época tiña unha escola en Roma e xuntábase coa intelectualidade da época, á que acudía o emperador e maila súa esposa. Na súa política interna tivo dous claros obxectivos: diminuír os poderes do Senado e medrar a calidade de vida das clases máis desfavorecidas. Nomeou César ó seu fillo máis vello Publio Licinio Cornelio Valeriano (Valeriano II) e á morte deste, o elixido foi o seu segundo fillo Publio Licinio Salonino Valeriano, a quen ademais puxo ao mando da guarnición de Colonia, vendo a difícil situación en que se atopaban as terras da Dacia e Mesia. No ano 260, morre o seu pai, prisioneiro dos persas, e aínda que xa tiña constancia dende había un ano, de que fora feito refén nas loitas de Antioquía, gardárase de dar a nova, xa que contaba que isto ía traer moitos problemas ao imperio e a Roma en particular, xa que os romanos xuntaban a súa sorte coa do emperador. Galieno queda coma único emperador e divide o Imperio en tres, quedándose para si a parte central do mesmo, que era Italia, Asia Menor, as rexións danubianas e África. As outras dúas rexións quedaban correxentadas por Odenato en Oriente e Póstuno en Occidente, pero sen ser recoñecidos emperadores, senón ao igual que pasara co seu pai, só en materia militar.

Sublevacións editar

Xa no ano 257, en Mesia, as lexións nomearon emperador a Inxenuo e pouco despois foi Regaliano en Sirmium, sendo os dous máis tarde asasinados polas súas propias tropas. No ano 262 en Exipto, Flavio Marciano e Quieto foron proclamados emperadores, en Grecia foi Pisón, en Macedonia, Valente, e de novo en Exipto o elixido foi Mussio Emiliano. Foi Odenato quen se encargou de rematar as sublevacións de Oriente, mentres en Occidente esta tarefa correu a cargo de Póstumo. Entre os anos 261 e 267 os godos saquearon os Balcáns e Asia Menor intervindo o emperador persoalmente deica a rebelión de Aureolo. En Oriente, Odenato entrou en guerra cos persas e o seu rei Shapur I, a quen venceu preto de Carras e no 261 tomou o título de Rei dos Palmirenses. Entre o 261 e 265 guerreou Odenato contra os partos, apoderándose de Nisibis e Carras, e poñendo sitio á súa capital Ctesifonte. No 265 foi nomeado emperador por Galieno, pero morre asasinado e sucedeuno o seu fillo Vaballate, menor de idade e a súa esposa Zenobia, quen dirixe o reinado dende Palmira, proclamándose independente no ano 267

En Occidente, Póstumo declarase emperador no 260, o que orixinou o chamado Imperium Galliarun, que comprendia tamén Britania e Hispania cunha administración e exército propios. No ano 262, vendo a descomposición e as loitas internas do Imperio, os francos e alamáns saqueron a Galia e Hispania, chegando a poñer sitio a Tarraco, despois de permanecer por 12 anos nesas terras, cruzaron o estreito e pasaron a Mauritania Tingitana, provincia romana do norte de África. No ano 267, Póstumo e Galieno chegan a un acordo para delimitar as áreas de control de ámbolos dous. Nese mesmo ano, Póstumo pon sitio a cidade de Maguncia, despois de vencer os xermanos. Cando a cidade se rende, rexeita o saqueo da mesma, pero os seus soldados rematan asasinándoo xunto co seu fillo e sucesor Póstumo II.

Morte editar

O xeneral dacio Aureolo rebélase en Italia, toma Milán autoproclamándose emperador. Galieno interrompe a loita contra os xermanos e vaise cara a Italia, vencendo ao exército de Aureolo xunto o Adda e poñendo cerco a Milán. Eracliano, de acordo con Aureolo forma unha conxura da que forma parte o Estado Maior de Galieno, Marciano, Aureliano e quizabes Valerio Claudio, comandante da cabalaría. Galieno morre asasinado no 268

Política editar

A situación do Imperio foi caótica, debido á captura de Valeriano polos persas, a devastación das provincias polos bárbaros, os abusos dos senadores, a falla de disciplina no exército, o descontento dos campesiños, a peste e os terremotos. Para nivelar as clases sociais, separando o poder civil do militar. As lexións tiveron a súa fronte non nun legatus da orde senatorial, senón nun praefectus legionis da carreira ecuestre e todo estes xefes militares dependían do Emperador, que se rodeou dun corpo de protectores, sacados dos prefectos, tribunos e centurións das lexións. Aumentou considerabelmente a cabalaría e creou rexementos autónomos dela. A concepción monárquica do poder viuse ao retirar o Senado a autorización de acuñar moeda de bronce. As continuas guerras e a división do Imperio en tres zonas, impediron mellorar a agricultura, sendo a situación en Sicilia e Exipto, as máis salentables rexións fornecedoras de gran, desastrosa.

Galieno tivo boas relacións cos cristiáns, suspendendo a persecución do seu pai Valeriano. Nun rescripto ordenou deixar libres os bens dos cristiáns, enviando unha copia do rescripto aos bispos, o que na práctica era que o cristianismo era tolerado.

Galieno, no seu testamento, deixaba herdeiro ao seu comadante da cabalaría Claudio, que axiña sería ratificado polo Senado. Aureolo rendeuse e tentou de negociar co novo emperador, pero a súa causa xa non tiña senso ningún, polo que foi morto polos soldados.

Imperio Romano

Segue a:
Valeriano
Galieno
Precede a:
Claudio II
Anarquía militar