Antón de Vicente

futbolista galego

Antón de Vicente Adrio, nado en Vigo o 23 de agosto de 1989, é un futbolista galego que xoga na demarcación de centrocampista para o Compostela, da Segunda División RFEF.

Antón de Vicente
Información persoal
Nome Antón de Vicente Adrio
Nacemento 23 de agosto de 1989
Lugar de nacemento Vigo
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Compostela
Número 19
Carreira xuvenil
1993 Priegue
1994 San Miguel FC
Ureca
2007–2008 Areosa Xuvenil
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2009 Coruxo 32 (3)
2009–2010 Racing de Ferrol 16 (1)
2010–2012 Coruxo 66 (3)
2012–2014 Celta de Vigo B 71 (1)
2014–2015 Burgos 19 (0)
2015–2016 Somozas 49 (3)
2016–2023 Coruxo 137 (9)
2023– Compostela 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 11 de setembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar con catro anos no equipo do seu barrio, o Priegue, porén ese mesmo ano pasa ao San Miguel FC, e de aí ao Xuvenil Ureca, actual Nigrán CF, onde compartiu aprendizaxe con xogadores como Rafinha e Thiago Alcántara, Rodrigo Machado, Pedro Vázquez ou Diego Mariño.

Despois de sete anos no equipo do Val Miñor, ficha en anos sucesivos por Areosa, Coruxo FC e Racing de Ferrol e outra vez Coruxo, onde pasa dous anos, antes de fichar polo Celta de Vigo B.

Ao pouco tempo de fichar polo filial céltico foi convocado para adestrar co primeiro equipo, incluso chegou a ir convocado a tres partidos[1].

Sete longos anos xogaría Antón de Vicente na súa última etapa no Coruxo chegando en 2016, dándolle moitas alegrías a afección e incluso chegando a xogar un playoff cara Primeira División RFEF, lembrado coma un dos capitáns históricos do Coruxo representando o conxunto con clase dentro e fóra do campo a súa saída do conxunto sería o resultado dunha tensa relación co presidente da entidade Gustavo Falque sendo unha realidade irreparable, entre as queixas de De Vicente e moitos dos afeccionados estivo o feito de que o club non lle fixo ningunha despedida oficial.[2]

Despois de abandonar o Coruxo ficharía pola SD Compostela.[3]

Equipos editar

Ano Club División Partidos Goles
2008-2009 Coruxo FC Terceira División 32 3
2009-2010 Racing de Ferrol Segunda División B 16 1
2010-2011 Coruxo FC Segunda División B 32 3
2011-2012 Coruxo FC Segunda División B 34 0
2012-2013 Celta de Vigo B Terceira División 36 0
2013-2014 Celta de Vigo B Segunda División B 35 1
2014-2015 Burgos CF Segunda División B 19 0
2014-2015 Somozas Segunda División B 14 0
2015-2016 Somozas Segunda División B 35 3
2016-2023 Coruxo FC Segunda División B 36 2
2023 SD Compostela 2ª RFEF – Grupo 1

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar