Pierre Simon Benjamin Duvivier

medallista e gravador de moedas francés

Pierre Simon Benjamin Duvivier, nado en París o 5 de novembro de 1730 e finado na mesma cidade o 10 de xullo de 1819, foi un medallista e deseñador de moeda francés, o décimo terceiro en ocupar o posto de gravador xeral de moedas de Francia.[2]

Pierre Simon Benjamin Duvivier
Retrato de Pierre Simon Benjamin Duvivier, por F. Dumont (ca. 1798)[1]

Nacemento3 de novembro de 1730
  París
Francia
Falecemento10 de xullo de 1819 (88 anos)
  París
Francia
ÁreaDeseño e gravado de moedas e medallas.
NacionalidadeFrancés
ProxenitoresJean Duvivier.
Marie-Louise Vignon.
CónxuxeAnne Geneviève Le Roux.
FillosFranciade Fleurus Duvivier.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Orixes e formación editar

Pierre Simon Benjamin Duvivier naceu o 5 de novembro de 1730 en París, un dos dezasete fillos do gravador Jean Duvivier (1687-1761),[3] medallista oficial de Lois XV (1715-1774)[4] e de Marie-Louise Vignon (finada en 1756), unha familia proveniente de Liexa.[5] Un dos seus irmáns foi o pintor e gravador Thomas Germain Joseph Duvivier.[6] A súa irmá Jeanne Louise Françoise casou co tamén gravador Jacques Nicolas Tardieu (1716-1791).[7][8]

Benjamin Duvivier ingresou no Collège des Quatre-Nations, da antiga Universidade de París, para estudar Humanidades e Filosofía, e alí coñeceu e estableceu amizade con Abraham Hyacinthe Anquetil-Duperron e con Nicolas Louis de Lacaille, o futuro astrónomo. Chegou a planear unha viaxe de exploración con Anquetil-Duperron, que se viu obrigado a cancelar por motivos de saúde.[9]

 
Pierre Simon Benjamin Duvivier fixo en 1762 este retrato do seu pai, Jean Duvivier (1687-1761).

A decisión de Benjamin de seguir unha carreira artística atopouse coa oposición drástica do seu pai. A raíz deste conflito abandonou o fogar familiar e instalouse coa súa irmá e o seu cuñado, Tardieu, quen contribuíu na súa formación como gravador.[9][10]

O 25 de setembro de 1756 gañou unha medalla concedida pola Academia Real de Pintura e Escultura, cun gravado dunha escena da natureza.[9]

Carreira como gravador editar

Jean Duvivier, o seu pai, finou o 30 de abril de 1761, e entón Benjamin solicitoulle ao rei poder continuar co posto que aquel ocupaba nas galerías do Louvre. Esta solicitude foille concedida o 7 de xuño de 1762 e Benjamin asumiu o antigo cargo do seu pai de medallista real.[9][11] O 24 de novembro de 1764 foi admitido como membro da Real Academia de Pintura e Escultura, que o recibiu o 28 de decembro de 1776 e da que foi nomeado conselleiro en 1792.[3][4] O 13 de febreiro de 1765 logrou do rei o seu permiso para pasar un ano en Italia.[12] O 21 de agosto de 1774 acadou o posto de gravador xeral de moedas de Francia, logo de lle adquirir os dereitos do posto a Joseph Charles Roëttiers, que o tiña na súa posesión logo da morte do seu fillo, Charles Norbert Roëttiers.[3][13]

Duvivier foi autor de diversos retratos de membros da familia real durante os reinados de Lois XV e de Lois XVI (1774-1792). Entre 1765 e 1798 tivo unha presenza asidua nos Salóns de París, onde expuña as súas obras.[12][14][15] No Salón de 1773 amosouse unha comparativa entre unha medalla súa na honra de Federico III, duque de Saxonia-Gotha-Altemburgo, e o retrato deste elaborado polo seu amigo Jean Antoine Houdon.[16]

 
Anverso da medalla na honra do Marqués de Lafayette (1791).

En 1788 pasou a figurar como asociado estranxeiro da Academia de Ciencia e Artes de Richmond, Virxinia, nos Estados Unidos. Entre as súas medallas máis salientables figuran a de George Washington (1776) e a de Gilbert du Motier, Marqués de Lafayette (1791).[17]

Duvivier foi mestre doutro dos seus cuñados, Pierre Joseph Tiolier (1763-1819), que chegou tamén a ser gravador xeral, en 1803.[18][19] Durante a Revolución Francesa, o 11 de xullo de 1791 o posto que ocupaba Duvivier foi amortizado e este foi substituído no seu traballo por un antigo discípulo seu, Augustin Dupré.[17] No entanto, continuou exercendo como creador de novas medallas e moedas, logo da súa destitución, ata 1801, data da súa derradeira medalla coñecida.[20]

As sinaturas de Benjamin Duvivier nas medallas e nas moedas nas que participou como deseñador ou como gravador son as seguintes: B. DUVIVIER ou B. DUVIV antes da morte do seu pai en 1791, e D·V ou DUV· ou DUVIV· ou DUVIVIER, logo do falecemento daquel.[21]

En 1806 Duvivier foi designado membro da sección de gravado da Escola de Belas Artes do Instituto de Francia, logo do pasamento de Rambert Dumarest.[3]

Pierre Simon Benjamin Duvivier morreu en París o 10 de xullo de 1819.[4]

Escolma de traballos editar

Retratos editar

Moedas e medallas editar

Notas editar

  1. "François Dumont (French, 1751-1831)". Christie's
  2. "Duvivier (Les)". En La Grande Encyclopédie. Tomo 15. Lamirault, París. Páxina 154.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Barre, A. (1867). Páxina 11.
  4. 4,0 4,1 4,2 Bellier de La Chavignerie, E. (1882). Páxina 508.
  5. Sociétés des Beaux-Arts (1889). Páxina 339.
  6. Sociétés des Beaux-Arts (1889). Páxina 438.
  7. Archives de l'art français. Documents. Tome quatrième. Dumolin, París. 1865. Páxina 64.
  8. Sociétés des Beaux-Arts (1889). Páxinas 382, 443.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Sociétés des Beaux-Arts (1889). Páxina 341.
  10. Forrer, L. (1916). Páxina 685.
  11. Forrer, L. (1916). Páxinas 685-686.
  12. 12,0 12,1 Sociétés des Beaux-Arts (1889). Páxina 342.
  13. Sociétés des Beaux-Arts (1889). Páxina 347.
  14. Bellier de La Chavignerie, E. (1882). Páxinas 508-509.
  15. Forrer, L. (1916). Páxina 686.
  16. Poulet, A. L. (2005-06-01). Jean-Antoine Houdon: Sculptor of the Enlightenment . University of Chicago Press. Páxina 302. ISBN 978-0-226-67649-4
  17. 17,0 17,1 Karel, D. (1992). Dictionnaire des artistes de langue française en Amérique du Nord: peintres, sculpteurs, dessinateurs, graveurs, photographes, et orfèvres. Presses Université Laval. Páxina 277. ISBN 978-2-7637-7235-6
  18. Parkes Weber, F. (1907). "Medals and medallions of the nineteenth century relating to England, by foreign artists". En Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society. 4ª serie. Vol. 7. Páxina 259
  19. Rexistro da súa participación no Salón de 1765. Salons.musee-orsay.fr
  20. Forrer, L. (1916). Páxinas 687-689.
  21. Rodot, N. (1904). Páxina 361.
  22. "1 Écu - Louis XVI". Numista.com
  23. "30 Sols - Louis XVI". Numista.com
  24. "2 Sols - Louis XVI". Numista.com
  25. "Caisse d’escompte, Louis XV, 1768". iNumis.com
  26. "Louis XVI, sacre à Reims [...]". iNumis.com
  27. "Lot 72. 1776 Washington Before Boston Medal". Stack's and Bowers. Novembro de 2017.
  28. "Bronze medal of George Washington, by Pierre Simon Duvivier". The British Museum.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Predecesor:
Joseph Charles Roëttiers
 
Gravador xeral de moedas de Francia

1774 - 1791
Sucesor:
Augustin Dupré