François Mansart

arquitecto francés

François Mansart, nado en París o 13 de xaneiro de 1598 e finado na mesma cidade o 23 de setembro de 1666, foi un arquitecto francés, introdutor do clasicismo na arquitectura barroca de Francia. A Encyclopædia Britannica cítao como o arquitecto francés do século XVII de maior logro, con obras recoñecidas polo seu alto grao de refinamento, sutileza e elegancia.[1]

Infotaula de personaFrançois Mansart

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1598 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte23 de setembro de 1666 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
MovementoGrand Siècle (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresSalomon de Brosse (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosJules Hardouin-Mansart (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesJules Hardouin-Mansart (pt) Traducir (second nephew (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Mansart-1

Traxectoria editar

François era fillo dun mestre carpinteiro e non foi formado como arquitecto; ao perder bastante novo o seu pai, a súa familia axudouno a capacitarse como cantero e escultor. Crese que puido aprender a profesión de arquitecto no estudio de Salomon de Brosse, o máis popular arquitecto do reinado Henrique IV.

Mansart foi altamente recoñecido dende a década de 1620 polo estilo, habilidade e calidade da súa arquitectura, mais foi considerado como un perfeccionista testán, que non dubidaba en demoler as súas estruturas coa fin de volver comezar a construír sobre elas. Só os máis ricos podían permitirse p luxo de traballar con el.

O único exemplo que sobrevive dos seus primeiros traballos é o castelo de Balleroy, encargado por Gastón de Orleáns, inicidao en 1626. O propio duque quedou tan compracido co resultado que invitou a Mansart a renovar o castelo de Blois en 1635. O arquitecto pretendeu reconstruír esta antiga residencia real de forma completa, mais os seus proxectos foron bloqueados e só se reconstruíu cos planos de Mansart a á norte, en que empregou de xeito hábil as ordes clásicas. En 1632, Mansart deseñou a igrexa de Santa María dos Anxos usando o Panteón como inspiración.[2]

A maioría dos edificios de Mansart posteriormente foron reconstruídos ou demolidos. O mellor edificio preservado da súa época de maior madureza é o palacio de Maisons-Laffitte, que unicamente conserva a decoración orixinal do seu interior, incluída unha magnífica escaleira. A estrutura é estritamente simétrica, e dá moita importancia ao relevo. Pénsase que serviu de inspiración do Neoclasicismo do século XVIII.

Na década de 1640, Mansart traballou no convento e na igrexa de Val-de-Grâce en París, unha encarga moi codiciada de Ana de Austria. Alegouse o despilfarro en que incorreu para ser apartado e substituído das obras por un arquitecto máis tratable, que fundamentalmente se dedicou a seguir o proxecto elaborado por Mansart.

En 1650, Mansart foi escollido como obxectivo por políticos inimigos do primeiro ministro, o cardeal Mazarino para o que Mansart traballaba frecuentemente. En 1651 publicaron La Mansarade, un panfleto acusando o arquitecto de salvaxes extravagancias e maquinacións.

Logo da ascensión ao trono de Lois XIV, Mansart perdeu moitos encargos. O seu proxecto para remodelar o Louvre e o mausoleo real de Saint-Denis nunca se executaron xa que non enviou planos detallados. Algúns dos seus plans foron retomados posteriormente polo seu sobriño neto, Jules Hardouin-Mansart, que non era tan enxeñoso e individualista e buscaba máis o agrado da súa clientela.

Mansart exerceu grande influencia na obra do arquitecto barroco austríaco Johann Bernhard Fischer von Erlach e no arquitecto inglés Christopher Wren.

Mansarda editar

O seu nome está asociado en arquitectura coa mansarda.[3] Denomínase así á xanela disposta sobre o tellado dunha casa para iluminar e ventilar o faiado polo olor a fume, na fachada dun edificio, cuberta por un teito de tellas moi inclinado, dando por resultado un elemento ornamental que adoita coroar o edificio. Con todo, Mansart non inventou este elemento, senón que o tomou da arquitectura italiana e o popularizou en Francia. O seu sobriño neto Jules Hardouin-Mansart deu prestixio a esta estruturao ao utilizalo no palacio de Versalles.

Galería editar

Notas editar

  1. Western Architecture - France, Encyclopædia Britannica
  2. Pénin, Marie-Christine. "Couvent des Filles de la Visitation Sainte-Marie de la rue Saint-Antoine". Tombes Sépultures dans les cimetières et autres lieux (en francés). 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mansarda.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar