Para o artigo referido á película, ver Pocahontas.

Infotaula de personaPocahontas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1596 Editar o valor em Wikidata
Werowocomoco (Tsenacommacah) Editar o valor em Wikidata
Mortemarzo de 1617 Editar o valor em Wikidata (20/21 anos)
Gravesend (Reino de Inglaterra) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (valor descoñecido Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSt George's Church, Gravesend (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeTsenacommacah
Reino de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo powhatan Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa Anglicana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, Lingua algonquina e Lingua powhatan Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJohn Rolfe (1614–1617), morte da persoa
Kocoum (1610–1613), morte do cónxuxe
FillosThomas Rolfe (pt) Traducir
 () John Rolfe Editar o valor em Wikidata
PaisXefe Powhatan Editar o valor em Wikidata  e Nonoma Winanuske Matatiske (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsNantequaus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
Batismo do crente (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Powhatan-3 Find a Grave: 821 Editar o valor em Wikidata
O único retrato de Pocahontas feito en vida, un gravado realizado en Londres de 1616 por Simon van der Meer.

Mataoka, coñecida como Pocahontas ou Amonute, nada en 1595 e finada o 21 de marzo de 1617 en Londres, foi a filla máis vella do Xefe Powhatan, xefe da confederación algonquina en Virxinia.

Foi capturada polos ingleses durante as hostilidades anglo-indias de 1613. Durante o tempo que estivo presa, converteuse ao cristianismo e mudou o seu nome por Rebecca. Cando tivo a oportunidade de volver coa súa xente escolleu quedar cos ingleses. En abril de 1614, con 17 anos, casou co empresario do tabaco, John Rolfe, e en xaneiro de 1615 deu a luz ao seu fillo Thomas Rolfe.[1]

En 1616 os Rolfe viaxaron a Londres e Pocahontas foi presentada perante a sociedade inglesa como exemplo de "salvaxe civilizada", coa esperanza de obter máis investimento no asentamento de Jamestown. Converteuse nunha celebridade, recibiu honores e asistiu a unha mascarada no palacio de Whitehall. En 1617, os Rolfe dispoñíanse a volver a Virxinia pero Pocahontas morreu en Gravesend por causas descoñecidas, aos 20 ou 21 anos.

En lingua algonquina, o seu verdadeiro nome era Matoaka, pero entre os powhatan era común ter varios nomes para diferentes situacións polo que se coñecía tamén polos alcumes de Pocahontas, que en algonquino significa pequena licenciosa e Amonute.

Numerosos lugares e produtos nos Estados Unidos levan o seu nome. A súa historia foi idealizada ao longo dos anos e plasmada en arte, literatura e cine. Varios filmes foron realizados baseados en maior ou menor medida na súa vida como The New World, de Terrence Malick, ou as versións de Disney en Pocahontas (1995) e Pocahontas II (1998). Moitas personalidades dos Estados Unidos teñen afirmado ser descendentes dela, a través do seu fillo Thomas, como a primeira dama Edith Wilson, muller do presidente Woodrow Wilson, o actor Glenn Strange, o cantante Wayne Newton ou o astrónomo Percival Lowell.[2]

Notas editar

  1. "Historia de Pocahontas". www.nps.gov (en inglés). Servizo Nacional de Parques. Consultado o 13 de novembro de 2018. 
  2. "Pocahontas: fantasía e realidade". www.slate.com (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar