Xefe Powhatan
Xefe Powhatan ou Wahunsonacock (¿1547? - 1618) foi un líder dos powhatan, principal etnia da confederación de tribos que se estendía dende a actual cidade de Washington D. C. ata Carolina do Norte nos Estados Unidos. Rexía sobre uns 30 pobos, e gobernaba dende a poboación de Werowocomoco localizada no actual condado de Gloucester, Virxinia.
Xefe Powhatan | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1549 |
Lugar de nacemento | Tsenacommacah |
Falecemento | 1618 |
Soterrado | Virxinia |
Nacionalidade | Tsenacommacah |
Ocupación | político |
Fillos | Pocahontas |
Irmáns | Opchanacanough |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Segundo John Smith, en 1607 subxugou ás tribos do lugar e converteuse no seu xefe. Mantivo unha actitude ambigua cos colonos brancos, mais permitiu que no ano 1613, a súa filla Pocahontas casase con John Rolfe. Morreu no 1618 e foi sucedido polo seu irmán Opitchapan. Converteuse nun personaxe lendario para a posteridade, de xeito que algunhas familias da alta sociedade virxiniana afirman ser descendentes seus.
O personaxe homónimo do filme de Disney Pocahontas está baseado no personaxe histórico, ó cal pon a súa voz o actor sioux e militante do American Indian Movement Russell Means. No filme The New World é August Schellenberg quen interpreta o Xefe Powhatan.