Pedro II de Courtenay

Pedro II de Courtenay (en francés, Pierre II de Courtenay, grego: Πέτρος του Κουρτεναί, trans. Pétros tu Kurtenaí), nado aprox. en 1165 e finado en 1219, foi brevemente emperador latino de Constantinopla desde 1217 até 1219.

Infotaula de personaPedro II de Courtenay

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Pierre II de Courtenay Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementodécada de 1150 Editar o valor em Wikidata
Morte1219 Editar o valor em Wikidata (54/64 anos)
Épiro, Grecia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloLord
Conde Editar o valor em Wikidata
FamiliaCapetian House of Courtenay (en) Traducir e Casa de Courtenay (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeIolanda de Flandres (1193 (Gregoriano)–)
Agnes I, Countess of Nevers
FillosPhilip II, Marquis of Namur (en) Traducir
 () Iolanda de Flandres
Iolanda de Courtenay (pt) Traducir
 () Iolanda de Flandres
María de Courtenay
 () Iolanda de Flandres
Mathilde von Courtenay (en) Traducir
 () Agnes I, Countess of Nevers (en) Traducir
Inés de Courtenay (princesa de Acaia)
 () Iolanda de Flandres
Elisabeth of Courtenay (en) Traducir
 () Iolanda de Flandres
Balduíno II de Constantinopla
 () Iolanda de Flandres
Margarida de Namur (pt) Traducir
 () Iolanda de Flandres
Roberto I de Constantinopla
 () Iolanda de Flandres
Henry II of Namur (en) Traducir
 () Iolanda de Flandres
Eleonor of Courtenay (en) Traducir
 () Iolanda de Flandres Editar o valor em Wikidata
PaisPedro I de Courtenay Editar o valor em Wikidata  e Elisabeth de Courtenay (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlice de Courtenay (pt) Traducir e Robert Ier de Courtenay-Champignelles (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Courtenay-511

Traxectoria editar

Fillo de Pedro de Courtenay e neto do rei francés Lois VI, obtivo os condados de Auxerre e Tonnerre do seu primeiro matrimonio. Logo casou con Iolanda, irmá de Balduíno I e Henrique de Flandres, os dous primeiros emperadores latinos de Constantinopla, levándoa ao condado de Nevers.

Elixido sucesor do seu cuñado Henrique de Flandres cando este morreu sen descendencia en 1216, Pedro foi consagrado emperador na Basílica de San Lourenzo Extramuros, Roma, polo Papa Honorio III o 9 de abril de 1217. Acompañado por un exército e un legado papal, embarcouse en Brindisi en barcos fornecidos polos venecianos, para quen tratou de conquistar Durazzo de Teodoro Comneno Ducas, déspota de Epiro. Fallando nesta empresa, Pedro continuou por terra cara a Tesalónica. Nas montañas preto de Elbasan, foi tomado prisioneiro por Teodoro. Morreu probabelmente asasinado.

Pedro casou con Inés de Nevers (Agnes), que achegou como dote ao matrimonio tres condados: Nevers, Auxerre e Tonerre. Casou en segundas nupcias con Iolanda, irmá de Balduíno e de Henrique, que foron o primeiro e segundo emperador do Imperio Latino de Constantinopla. Pedro acompañou ao seu primo o rei Filipe II de Francia na cruzada de 1190, e loitou contra os albixenses. Estivo presente na Batalla de Bouvines en 1214. En 1215 entregou como esposa a unha das súas fillas, Iolanda de Courtenay ao rei cruzado André II de Hungría, quen pretendía con isto estreitar as relacións políticas co Imperio Latino.

Ao morrer sen descendencia o cuñado de Pedro Courtenay, o emperador Henrique en 1216, Pedro foi elixido o seu sucesor e, cun pequeno exército, partiu de Francia para tomar posesión dos seus novos dominios. Consagrado emperador en Roma polo Papa Honorio III o 9 de abril de 1217, tomou prestadas algunhas naves venecianas, prometendo a cambio a conquista de Durazzo, pero fracasou na empresa e tivo que continuar por terra o seu camiño cara a Constantinopla. No camiño foi asediado polo déspota de Epiro Teodoro Anxo e, tras estar prisioneiro durante dous anos, faleceu. Pedro xamais chegou a gobernar o seu imperio, que quedou en mans da súa esposa Iolanda.

Matrimonio e descendencia editar

Dos seus matrimonios tivo numerosa descendencia, da súa primeiro esposa Inés de Nevers tivo a Matilde de Courtenay, e con Iolanda de Flandres tivo a:

Devanceiros editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • (en francés) René Grousset, L'Empire du Levant : Histoire da Question d'Orient, París, Payot, coll. «Bibliothèque historique», 1949 (réimpr. 1979), 648 p. (ISBN 2-228-12530-X)
  • (en francés) «Pierre II de Courtenay», Jean François Michaud, Biographie Universelle Ancienne et Moderne, vol. 33, París, Ch Delagrave et Cie, XIXe siècle, p. 249-250

Ligazóns externas editar