Lino de Volterra, chamado logo San Lino, nado en Volterra (na Toscana) e finado en Roma no ano 79, foi o segundo papa. Foi o primeiro sucesor de Pedro como bispo de Roma entre os anos 67-79[1]. Naquela altura, o título de papa aínda non fora creado.

Infotaula de personaLino, papa

(década de 900) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Linus PP. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 Editar o valor em Wikidata
Toscana Editar o valor em Wikidata
Morte79 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor em Wikidata
Papa
67 – 79
← PedroAnacleto → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristián Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncrego cristián Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
CelebraciónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Día de festividade relixiosa23 de setembro Editar o valor em Wikidata
Símbolo iconográficoPapal symbols (en) Traducir e hábito religioso (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Patrón deDiocese Católica Romana de Volterra (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
NaiClaudia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
1969supresión do culto
Causado por: Concilio Vaticano Segundo Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 9707379 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pouco se sabe de Lino de Volterra e do seu pontificado. A maioría das fontes clásicas sinálano como segundo dos bispos de Roma, se ben nas datas existen fondas diverxencias. O Liber pontificalis dátao entre o ano 56 e o 67, durante o imperio de Nerón, Xerome de Estridón lévao ata 67-78, e Eusebio ata o segundo ano do goberno de Tito (80).

Ireneo de Lión, un autor de finais do século II, identifícao co Lino que menciona Paulo de Tarso na súa segunda carta a Timoteo, e que foi nomeado papa á morte de Pedro, polo tanto no ano 67. O Liber pontificalis (catálogo do século VI) sinala que era orixinario de Volterra, pero non identifica as fontes desa aseveración.

Aínda que como a todos os papas anteriores ao Edicto de Milán a tradición cristiá o considera un santo e mártir (a súa santidade celébrase o 23 de setembro), non existen probas de que fose en verdade asasinado polas súas crenzas.

Parroquias galegas editar

Non hai ningunha parroquia galega baixo a avogación de San Lino.

Notas editar

  1. Donald Attwater. A Dictionary of the Popes. The Catholic Book Club, Londres, 1939.

 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.