Sisoés o Grande, Sisoés de Scetes, ou Abade Sisoés, nado no século IV e finado en 429, foi un anacoreta exipcio que se retirou ao deserto, á mesma cova na que estivera Antón Abade. As igrexas ortodoxa e católica venérano como santo.

Infotaula de personaSisoés o Grande

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IV Editar o valor em Wikidata
Exipto Editar o valor em Wikidata
Mortec. 429 Editar o valor em Wikidata
Exipto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxe Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa6 de xullo Editar o valor em Wikidata
Sisoés diante da tumba de Alexandre, mosteiro de Varlaam, século XVI
Porta norte dun iconostasio en Novgorod, detalle, século XVI

Traxectoria editar

Na súa mocidade decidiu retirarse do mundo e estableceuse no deserto de Scetes baixo a dirección do abade Hor. Mais o desexo de afastarse aínda máis levouno a cruzar o Nilo para se recoller na montaña na que Antón Abade morrera algún tempo. Pasou sesenta anos no monte Qolzoum, preto de Clysma, e co tempo peregrinos vidos de lonxe afluían para recibir consello. Tamén foi un duro opositor do arianismo.

Canonizado, as igrexas ortodoxa e católica conmemórano o 6 de xullo[1][2] (anteriormente o 4 e o 5[3]).

Iconografía editar

Aparece representado moitas veces como un home vello, calvo cunha gran barba, mirando un cadáver nunha tumba, disque o de Alexandre o Grande : así aparece na igrexa de San Giorgio dei Greci de Venecia[4] ou no mosteiro da Gran Lavra do monte Athosm[5]).

Notas  editar

  1. "06 de Julho: São Sisoé, o Grande". Synaxarion. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  2. "Saints, Saintes et Fêtes du Jour 6 juillet". Nominis. 
  3. Jacques Paul Migne (1850). Encyclopédie théologique, t. 41 : Dictionnaire hagiographique. Paris. p. 1036. 
  4. Julien Durand (1865). "Légende d'Alexandre le Grand". Annales archéologiques 25: p. 155–156.  .
  5. Georges Sotiriou (1955). "Les Météores « qui planent entre ciel et terre »". Le Courrier de l'UNESCO (5): 7. .