Edgardo Mondolfi Otero, nado en Caracas o 15 de maio de 1918 e finado o 7 de novembro de 1999, foi un biólogo e ecólogo venezolano especializado en terioloxía (estudo dos mamíferos).[1]

Infotaula de personaEdgardo Mondolfi
Biografía
Nacemento15 de maio de 1918 Editar o valor em Wikidata
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Morte7 de novembro de 1999 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeVenezuela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía, animal ecology (en) Traducir e conservação da natureza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónzoólogo , profesor universitario , ecoloxista , mastozoólogo , embaixador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaMondolfi Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mondolfi foi profesor de zooloxía na Universidade Central de Venezuela, asesor do ministerio de Medio ambiente e viceministro de Agricultura.[2] Foi autor de numerosos libros e artigos científicos, incluíndo unha monografía sobre o xaguar xunto con Rafael Hoogesteijn.[1] Realizou un traballo pioneiro na xestión da vida silverstre, e foron célebres as súas campañas para a exploración e protección da fauna de mamíferos de América do Sur.[1][2] Nos últimos anos da súa vida foi embaixador de Venzuela en Tanzania e Kenya.[2] Morreu o 7 de novembro de 1999 de dengue.

Especies e subespecies descritas editar

Ademais, Gandolfi foi o primeiro descritor de varias especies e subespecies de mamíferos, das cales as seguintes considéranse válidas:

Honras editar

Os zoólogos Daniel Lew, Roger Pérez Hernández e o español Jacint Ventura déronlle á especie de sarigüeia de catro ollos descuberta e descrita por eles en 2006, o nome de Philander mondolfii na súa honra.[3]

Polo seu labor a prol do medio ambiente foi galardoado co Premio Nacional de Conservación Venezuela 1969.[2]

Abreviuatura editar

A abreviatura Gandolfi empréganse para recoñecer a Edgardo Mondolfi como autoridade da descrición e nomenclatura en zooloxía.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Bo Beolens, Michael Watkins & Michael Grayson (2009): The Eponym Dictionary of Mammals. Balimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press 282–283. ISBN 978-0-8018-9304-9, pp. 282–283. (Google Books)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Dr. Edgardo Mondolfi Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine. en Global 500. Environmental Forum. Nairobi. Kenya (en inglés)
  3. Daniel Lew, Roger Pérez-Hernández & Jacint Ventura (2006): "Two new species of Philander (Didelphimorphia, Didelphidae) from Northern South America". Journal of Mammalogy 87 (2): 224-237.