Franz von Paula Schrank
Franz von Paula Schrank, nado o 21 de agosto de 1747 en Neuburg am Inn e finado o 22 de decembro de 1835 en Múnic, foi un xesuíta, botánico e naturalista alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de agosto de 1747 Neuburg (pt) |
Morte | 22 de decembro de 1835 (88 anos) Múnic |
Catedrático | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Baviera |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Viena |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico , escritor , físico , briólogo , entomólogo , pteridólogo , micólogo |
Empregador | Universidade de Múnic Universidade de Ingolstadt (pt) |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Schrank |
Abreviatura do autor en zooloxía | Schrank |
Traxectoria
editarComezou a frecuentar o Colexio Xesuíta de Passau con nove anos, entrando aos quince ma Compañía de Xesús. Pasou o primeiro aoo do seu noviciado en Viena e o segundo en Ödenburg (hoxe Sopron en Hungría), onde seguiu os cursos dun misioneiro vindo do Brasil, o que lle fai interesarse na historia natural. Estudou logo en Raab, Tyrnau (hoxe Trnava, Hungría) e en Viena.
Ensinou no Colexio de Linz a partir de 1769. Ao suprimirse a súa orde trasladouse a Passau, onde foi ordenado sacerdote en decembro de 1774, obtendo o seu doutoramento en teoloxía en 1776, en Viena.
Nese ano de 1776 prepara Beiträge zur Naturgeschichte e foi nomeado profesor de matemáticas e física no Liceo de Amberg, e logo profesor de retórica en Burghausen.
En 1784 era profesor de elocuencia, e ensinaría botánica económica e economía rural na Universidade de Ingolstadt, para máis tarde ser conselleiro eclesiástico en Landshut.
En 1809 a Academia de Ciencias de Múnic elíxeo como membro coa condición que tome ao seu cargo op xardín botánico que se creara na cidade, cargo que ocupará até a súa morte.
Obras pricipais
editar- Beiträge zur Naturgeschichte, Augsburgo, 1776
- Vorlesungen über die Art die Naturgeschichte zu studieren, Ratisbona, 1780
- Enumeratio insectorum Austriæ indigenorum, Viena, 1781
- Anleitung die Naturgeschichte zu studieren, Múnic, 1783
- Naturhistorishce Briefe über Österreich, Salzburg, Passau und Berchtsgaden (dous vols., Salzburgo, 1784-1785
- Anfangsgründe der Botanik, Múnic, 1785
- Baiersche Reise …, 1786
- Verzichniss der bisher hinlaneglich bekannten Eingeweidewürmer, nebts einer Abhandlungen über ihre Anverwandschaften, Múnic, 1787
- Bayerische Flora, Múnic, 1789
- Primitiæ floræ salisburgensis, cum dissertatione prævia de discrimine plantarum ab animalibus, Frankfort, 1792
- Abhandlungen einer Privatgesellschaft vom Naturforschern und ökonomen in Oberteutschland, Múnic, 1792
- Anfangsgründe der Bergwerkskunde, Ingolstadt, 1793
- Reise nach den südlichen Gebirgen von Bayern, in Hinsicht auf botanische und ökonomische Gegenstände, Múnic, 1793
- Flora monacensis, Múnic, 1811-1820
- Plantæ rariores horti academici Monacensis descriptæ et iconibus illustratæ, 1819
- Sammlung von Zierpflanzen, 1819
Estudou igualmente os insectos (incluíndo os arácnidos, daquela considerdos como insectos) fisioloxía vexetal e micoloxía, así como o movemento dos infusorios.
Abreviaturas
editar- A abreviatura Schrank emprégase para indicar a Franz von Paula Schrank como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
- A abreviatura Schrank emprégase para indicar a Franz von Paula Schrank como autoridade na descrición e taxonomía dos animais.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Franz von Paula Schrank |
Ligazóns externas
editar- Franz Paula von Schrank en Catholic Encyclopedia (en inglés)