Frederico Guillerme I de Prusia

Frederico Guillerme I, nado en Berlín o 14 de agosto de 1688, finado en Potsdam o 31 de maio de 1740, foi rei de Prusia entre 1713 e 1740.

Infotaula de personaFrederico Guillerme I de Prusia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Friedrich Wilhelm I. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de agosto de 1688 Editar o valor em Wikidata
Berlín Editar o valor em Wikidata
Morte31 de maio de 1740 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Palácio da cidade de Potsdam (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of Peace (en) Traducir (1991–)
Burg Hohenzollern (pt) Traducir (1953–1991)
St. Elisabeth's Church (en) Traducir (1945–1953)
Garrison Church (en) Traducir (–1945) Editar o valor em Wikidata
Rei na Prússia (pt) Traducir
25 de febreiro de 1713 – 31 de maio de 1740
← Frederico I da Prússia (pt) TraducirFrederico II de Prusia →
Príncipe elector
Margrave of Brandenburg (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBerlín Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCalvinismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei
Margrave
Príncipe elector
Príncipe de Orange Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Hohenzollern Editar o valor em Wikidata
CónxuxeSofía Dorotea de Inglaterra (1706–1740) Editar o valor em Wikidata
FillosLudwig Karl Wilhelm Prinz von Preußen (en) Traducir, Friedrich Wilhelm Prinz von Preußen (en) Traducir, Charlotte Albertine Prinzessin von Preußen (en) Traducir, Frederick Louis, Crown Prince of Prussia (en) Traducir, Guilhermina da Prússia (1709–1758) (pt) Traducir, Frederico II de Prusia, Frederica Luísa da Prússia (pt) Traducir, Filipina Carlota da Prússia (pt) Traducir, Sofia Doroteia da Prússia (pt) Traducir, Luísa Ulrica da Prússia (pt) Traducir, Augusto Guilherme da Prússia (pt) Traducir, Ana Amália da Prússia (pt) Traducir, Henrique da Prússia (pt) Traducir, Augusto Fernando da Prússia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFrederico I da Prússia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Sofia Carlota de Hanôver (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLuísa Doroteia da Prússia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesXurxo II de Gran Bretaña (cuñado, curmán entregue)
Xurxo I de Gran Bretaña (tío, sogro)
Sofía Dorotea de Inglaterra (curmá entregue)
Sofia Doroteia de Brünswick-Luneburgo (pt) Traducir (sogra (pt) Traducir)
Margrave Albert Frederick of Brandenburg-Schwedt (en) Traducir (tío)
Frederico de Brandemburgo-Bayreuth (pt) Traducir (xenro)
Margrave Frederick William of Brandenburg-Schwedt (en) Traducir (curmán entregue) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Hohenzollern-11 Find a Grave: 22790117 Editar o valor em Wikidata
Frederico Guillerme I.

Traxectoria editar

Era fillo de Frederico I, a quen sucedeu en 1713. Rapidamente, estivo envolto na disputa con Suecia polo territorio de Pomerania, parte do cal foi entregado mediante o Tratado de Estocolmo en 1720. Esta foi a única guerra que emprendería no seu reinado todo. Aceptou a Pragmática Sanción de 1713, pola que María Tareixa I recibía os dominios austríacos dos Habsburgo e declaraba indivisibles os territorios da Casa de Austria. Non obstante, non logrou a reivindicación dos ducados de Jülich e Berg.

O principal problema ao que se enfrontou a súa administración, foi a dispersión xeográfica dos seus territorios.

A diferenza de seu pai, instaurou unha corte austera e eficaz, centralizando a administración financeira. Desta maneira logrou mellorar a situación financeira de Prusia. Fortaleceu a industria e ordenou a colonización de zonas deshabitadas. Implantou a obrigatoriedade da ensinanza, creando tamén escolas.

En 1723 fundou o Directorio Xeral Supremo de Finanzas, da Guerra e dos Territorios, composto por cinco ministros e vinte conselleiros que actuaba baixo a súa propia supervisión. Creou o Departamento de Exteriores (1728), que dirixe a diplomacia orientada cara a amizade con Austria e a un distanciamento con Francia e Inglaterra.

Militarización do Estado editar

Frederico sempre vestía uniforme militar e dedicou gran parte dos seus recursos para o exército. A creación da Garda de Potsdam foi o seu maior logro nesta área. Para esta recrutou (incluso secuestrou) soldados de grande estatura, procedentes de todas partes de Europa. Pedro o Grande de Rusia envioulle 55 soldados da súa garda, cuxa estatura mínima era de 1.85 m, en agradecemento pola Cámara de Ámbar que Frederico le regalara. O número de efectivos dobrouse de 40.000 a uns 80.000.

Sucesión editar

A preparación do fillo de Frederico para sucedelo no trono está rodeada dun dramatismo particular. Creceu baixo a influencia de súa nai, Sofía Dorotea de Hannover (irmá de Xurxo II), quen lle procurou unha educación de estilo francés, contraria á disciplina militar que Frederico desexaba para el, o que produciu unha relación pai-fillo conflitiva, a piques de privalo temporalmente da súa categoría de Príncipe Herdeiro tras un intento de fuxida a Inglaterra, acontecemento polo que se condenou a morte o cómplice do rapaz, o tenente Katte.

Frederico Guillerme morreu en Potsdam en 1740 e finalmente seu fillo substituíuno baixo o nome de Frederico II de Prusia.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Biografía de Frederico Guillerme I Arquivado 20 de outubro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)

Predecesor:
Frederico I
Rei de Prusia
17131740
 
Sucesor:
Frederico II