Espártaco

gladiador tracio que se rebelou contra a República Romana

Espártaco[1] foi un soldado e gladiador do século I a. C.

Modelo:BiografíaEspártaco

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Spartacus
(el) Σπάρταϰος Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoTracia Editar o valor en Wikidata
Morteabril de 71 a. C. Editar o valor en Wikidata
Lucania, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorto en combate Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónGladiador, líder militar Editar o valor en Wikidata
Período de tempoRepública Romana Tardía Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoTerceira Revolta Servil
batalla do Vesubio Editar o valor en Wikidata
Familia
Paisvalor descoñecido Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata
BNE: XX917750

Traxectoria

editar

Naceu nunha familia de pastores; seguiu a profesión dos pais, mais reducido á miseria enrolouse no exército romano, co que combate en Macedonia como soldado auxiliar. A dura disciplina a que era obrigado e os numerosos episodios de racismo que tivo que sufrir na milicia, convencérono para desertar.

Capturado, foi tratado como traidor e condenado primeiro como escravo, e logo, arredor do 75 a. C., foi destinado como gladiador. Espártaco acabou sendo vendido a Lentulus Batiatus, un organizador de espectáculos residente en Capua, onde rexentaba unha escola de gladiadores (ludo). Espártaco foi obrigado a combater contra bestas feroces e contra outros gladiadores, como era uso naquel tempo, para divertir non só o pobo, senón tamén a aristocracia.

A revolta inicial

editar

No ano 73 a. C., Espártaco e arredor duns 70 individuos, armados, máis escaparon da escola capuana, fuxindo ata refuxiarse nas proximidades do monte Vesuvio, cerca da actual cidade de Nápoles, onde se lles axuntaron outros escravos rurais.

O grupo percorreu a comarca, saqueándoa. Logo destacáronse ao lado de Espártaco varios xefes secundarios, de orixe gala, chamados Crixus, Castus, Gannicus e Oenomus. Máis escravos fuxidos uníronse ao grupo ata chegar a formar un exército, suxeríndose un total de 120.000 persoas.

Dado que a proporción de escravos a respecto dos cidadáns romanos era elevada, a rebelión escravista constituíase nun serio perigo para Roma. O Senado decidiu enviar un exército de sobre 3.000 homes contra os rebeldes, ao mando do pretor Claudius Glaber. Sitiaron os rebeldes no Vesuvio, mais Espártaco conducindo os seus homes do lado contrario do monte, pillou polas costas o exército romano, que masacraría no ataque. Glaber perdeu a vida alí.

Marcha cara ao norte

editar

As forzas de Espártaco derrotaron dúas novas lexións enviadas contra eles. Os escravos, que incluían anciáns, nenos e mulleres, retiráronse máis ao Sur para descansar durante o inverno. Na primavera puxeron marcha cara ao norte, con mentes de atinxir a Galia.

Alarmado o Senado, enviou dous cónsules contra eles, Xelio Publícola e Gneo Cornelio Léntulo Clodiano, cada un con dúas lexións. Os galos e xermanos, que se separaran, so mando de Crixus, foron derrotados e mortos, polas lexións de Publicola. Mentres, Espártaco derrotou a Léntulo primeiro, e despois a Publícola, na Italia central, en Piceno. Seguindo cara ao norte, en Mutina (hoxe Módena) derrotaron outra lexión, conducida por Gaio Cassio Longino, gobernador da Galia Cisalpina (o Norte de Italia).

Retorno ao sur

editar

En aparencia, Espártaco intentaba conducir as súas xente fóra de Italia, cara á Galia transalpina, e talvez pensaría alcanzar Hispania para unirse á rebelión de Quinto Sertorio. Porén mudou este plano e retornou para o Sur, segundo as fontes antigas por presións dos seus seguidores. Isto é visto hoxe como un grave erro. Quizais as vitorias anteriores volvéronos confiados de máis. Polo demais, algúns pensan que unha boa parte do grupo, conseguiu cruzar os Alpes e regresar aos seus países.

O resto marchou cara ao sur, derrotando dúas lexións máis mandadas por Marco Licinio Craso, que era naquela altura a persoa máis rica de Roma. A finais do ano 72 a. C., acamparon en Rhegium (hoxe Reggio Calabria), xa cerca do estreito de Messina, no mesmo extremo meridional da Península Itálica.

Espártaco negociou con piratas de Cilicia para que os recollesen na illa de Sicilia. A comezos do ano 71 a. C., oito lexións romanas, de novo a mando de Craso, cercaron as forzas de Espártaco en Calabria. O asasinato de Quinto Sertorio en Hispania, facilitou que o Senado puidese conseguir a chegada desde a Península Ibérica de Pompeio; tamén foi chamado Lúculo, que estaba de campaña, no Norte de Anatolia, contra o rei Mitrídates VI do Ponto.

Espártaco conseguiu romper as liñas de Craso, tentando atinxir Brundisium (actual Brindisi), pero Craso manobrando ben cortoulle o paso, o que obrigou aos escravos a presentar batalla no río Silarus (hoxe río Sele), onde foron derrotados. Logo da batalla, foron rescatados 3.000 romanos presos no campamento escravo. Máis de 6.000 seguidores de Espártaco foron crucificados ao longo da Vía Apia, entre Roma e Capua (na que quizais puideron estar expostos durante anos).

Mais aínda uns 5.000 escravos puideran escapar. Fuxiron cara ao norte, pero foron derrotados por Pompeio, que volvera xa desde Hispania. Pompeio foi capaz de presentarse como finalizador da guerra, de xeito que foi recibido clamorosamente en Roma, en tanto Craso recibiu honras menores.

Descoñécese se Espártaco morreu na batalla de Silarus ou se sobreviviu e foi crucificado despois. O cadáver de Espártaco non foi atopado nunca. Craso, anos máis tarde, sería derrotado e perdería a vida, nunha campaña en Oriente, contra Partia.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-11.