Marco Licinio Craso
Marco Licinio Craso, en latín Marcus Licinius Crassus, (112 a.C. 53 a.C.) foi, na súa época, un dos homes máis ricos de Roma e recibiu por iso o cognome de Dives. Foi cónsul por dúas veces, no 70 e no 55 a.C., ambas xunto a Pompeio. Aínda así, a súa influencia no mundo político era limitada polo feito de ser un home ligado ao mundo dos negocios, o que non era considerado propio para un senador. Así, Craso aliouse ao patricio mozo Xulio César como o seu provedor de fondos. Chega finalmente ao poder formando, con César e Pompeio, o Primeiro triunvirato. Craso morreu nunha batalla no comando dunha expedición contra os partos que acabou nun desastre completo, principalmente debido a falta de preparación da mesma expedición. Este fallo valeulle ser recordado na expresión popular erro craso, que invoca a súa tráxica morte.
Marco Licinio Craso | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 115 a. C., anos 110 a. C., c. 115 a. C. e 114 a. C. |
Lugar de nacemento | Roma Antiga |
Falecemento | 8 de xuño de 53 a. C., 9 de xuño de 53 a. C. e 53 a. C. |
Lugar de falecemento | Harran |
Causa | morto en combate |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | político da Roma antiga, militar da Roma antiga e army officer |
Pai | Públio Licínio Crasso Dives |
Nai | valor descoñecido |
Cónxuxe | Tertulla |
Fillos | Publio Licinio Craso e Marcus Licinius Crassus |
Irmáns | Publius Licinius Crassus Dives |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Craso tiña imnumerables negocios e propiedades, pero unha das súas formas máis peculiares de gañar diñeiro era a súa brigada anti-incendio. Os incendios eran relativamente comúns en Roma. Cando unha casa prendía lume, a brigada de Craso chegaba cun carro con auga, extinguía o lume e logo revindicaba o cobro dos seus servizos. A casa pasaba a pertencer a Craso e o antigo habitante tiña que pagar alugueiro.
Craso foi tamén comandante das forzas que extinguiron a rebelión de escravos liderada por Espartaco, o que lle proporcionou popularidade e poder.