Escribidor de cabeza rubia
Escribidor de cabeza rubia | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Femia no lago Timbi | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
O escribidor de cabeza rubia[2] (Emberiza bruniceps) é unha ave paseriforme da familia Emberizidae.
Reprodúcese en Asia central, incluíndo Afganistán, Irán, Casaquistán, Kirguizistán, Mongolia; Federación Rusa (Rusia europea, central e asiática), Taxiquistán, Turcomenistán, Uzbequistán e China. É unha ave migratoria, pasa o inverno na India e Bangladesh. O seu status no oeste de Europa, onde é unha ave vagante, foi confuso debido a escapes de exemplares engaiolados, especialmente porque esta especie foi rexistrada máis veces que o estreitamente emparentado escribidor de cabeza negra (Emberiza melanocephala), a pesar de que este último ten unha área de reprodución máis occidental. Os informes en Gran Bretaña reducíronse drasticamente en anos recentes, coincidindo co declive dalgunhas especies de emberícidos debido ao efecto do comercio ilegal. Atopouse un exemplar nas illas Shetland en 2010 que se considera que era de orixe silvestre.[3]
O escribidor de cabeza rubia reprodúcese en áreas abertas con arbustos, incluíndo terras agrícolas. Pon de tres a cinco ovos nun niño nunha árbore ou arbusto. O seu alimento natural son sementes, ou cando son novos, insectos.[4]
Ten uns 17 cm de longo, e é maior que o escribidor das canaveiras (Emberiza schoeniclus), cunha longa cola. O macho reprodutor ten a parte inferior amarela rechamante, a parte dorsal verde e unha face e peito vermellos amarronados.
A femia pode considerarse unha versión esvaída do macho, coas partes ventrais máis claras, un dorso negro amarronado e unha cabeza agrisada. As crías son similares, e ambos poden ser difíciles de distinguir das plumaxes correspondentes do escribidor de cabeza negra.
A súa canción, que canta desde unha póla alta, é un errático suit-suit-churri-churri-churri.
Galería
editar-
Exemplar macho en Casaquistán.
-
Pintura
-
Macho en Yavatmal, Maharashtra, India.
-
Ovos de Emberiza bruniceps MHNT
-
Ovo de Cuculus canorus canorus nunha posta de Emberiza bruniceps no MHNT
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2017). "Emberiza bruniceps" 2017: e.T22720993A111138222. doi:10.2305/IUCN.UK.2017-1.RLTS.T22720993A111138222.en.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Dudley, Steve P. "Changes to the British List (18 June 2024)". British Ornithologists' Union (en inglés). Consultado o 2024-07-06.
- ↑ Copete, José Luis (2020). "Red-headed Bunting (Emberiza bruniceps), version 1.0". Birds of the World (en inglés). ISSN 2771-3105.
- Buntings and Sparrows de Byers, Olsson e Curson, ISBN 1-873403-19-4