Abrir o menú principal

Cirenaicos

(Redirixido desde "Escola cirenaica")
Aristipo de Cirene, fundador da Escola Cirenaica.

Os cirenaicos (do grego: ΚυρηναϊκοίKyrēnaïkoí—) son unha escola filosófica sensual hedonista grega fundada no século IV a. de C. supostamente por Aristipo de Cirene, aínda que se cre que moitos dos principios foron formulados polo seu neto, do mesmo nome, Aristipo o Novo. Esta escola sostiña que a felicidade é a tranquilidade que se obtén polo autodominio. Polo "ben" entendían pracer inmediato e, neste sentido, considerábanos hedonistas.[1][2]

O seu hedonismo non parte do desexo de levar unha vida voluptuosa senón da indagación nos fundamentos do valor. Influídos polo relativismo de Protágoras, entendían o coñecemento desde unha óptica sensista e subxectivista. As ideas e os conceptos tiñaos por inseguros e dubidosos. Por iso, non compartían o punto de vista de quen pretendían fundamentar o valor en meras especulacións. Polo contrario, encontraban no pracer —que se percibe inmediatamente na experiencia sensíbel— a garantía do valor, a súa evidencia. Hirschberger di que o hedonismo da escola de Cirene “ten unha base epistemolóxica sensista”.

Os cirenaicos poden considerarse antecesores dos epicúreos, pero diferenzanse de estes porque a súa concepción do pracer é dinámica, en canto a busca do goce corporal e sensible. O autodominio, ideal compartido por todas as escolas socráticas, era entendido por eles como a administración dos praceres (utilizar as circunstancias para conseguir o pracer, sen deixarse dominar polo desexo de obtelo). A escola cirenaica tamén mantivo relación con algúns discípulos de Fedón, os chamados eretrienses. A pesar dos esforzos dos fundadores por non caer en posturas fáciles, os cirenaicos posteriores transformaron as doutrinas da escola en meras xustificacións da vida indolente dos que só buscan o seu propio pracer.

A escola CireneEditar

Aristipo, discípulo de Protágoras e logo de Sócrates é o máis claro representante do hedonismo. Non hai máis fonte de coñecemento que a sensación, e isto só obtén un valor subxectivo (relativismo de Protágoras). A sensación, é pois, a única guía do home. O fin de todo o moral é o de buscar sensacións agradabeis actuais e principalmente corporais. A razón, con todo (e aquí observase o sello de Sócrates) debe dirixir ao home na elección de tales praceres. Polo seu rechazo a todo tipo de convencionalismo social, a escola de Cirene está bastante cerca da escola cínica.

A escola CínicaEditar

Antístenes (discípulo de Gorxias de Leontini e logo de Sócrates) enseñou en Atenas de onde deriva o nome de "cínicos" (cans).

Isto rechazou a teoría platónica das Ideas e defendeu unha ética da autosuficiencia e independencia. Propagou tamén o ideal da vida natural e o cosmopolitismo, rechazando a existencia do estado e a familia, e afirmou que para o sabio non hai patria, nin leis, nin familia, nin diferenzas de clases.

Dióxenes de Sínope foi o máis claro expoñente da actitude dos cínicos: atacou os convencionalismos sociais, buscou o natural na vida dos animais, os pobos bárbaros e fui absolutamente independente.

A escola cínica, durnate un tempo foi confundida có estoicismo, isto perdurou ata a caída do Imperio Romano.

NotasEditar

  1. "Cirenaicos". En Rosental, M.; Iudin, P. Diccionario filosífico abreviado. Ed. Pueblos Unidos. Montevideo, 1959.
  2. "Cirenaicos". En Frolov, I. T. Diccionario de Filosofía. Editorial Progreso. Moscova. 1984.