Ernesto Toscano Sánchez

médico español

Ernesto Toscano Sánchez, nado en Zamora o 23 de setembro de 1921 e finado o 25 de xullo de 1986, foi un médico que desenvolveu o seu traballo en Galicia.

Infotaula de personaErnesto Toscano Sánchez
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Zamora, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xullo de 1986 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultad de Medicina (Universidad de Valladolid) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría del Carmen Novella

Traxectoria editar

Fillo do cordobés José Toscano e mais de Carmen Sánchez, de Fuentelapeña (Provincia de Zamora). Nun principio quería estudar Arquitectura, mais fixo Medicina na Universidade de Valladolid, rematando en 1945. Foi interno en cirurxía no Hospital Universitario de Valladolid cos doutores Cuadrado e Vara López, e en xaneiro de 1947 comezou a traballar en Vigo no sanatorio do doutor Manuel Amoedo Seoane, na rúa Sagunto. Durante unha estancia en Lisboa, para subministrarlle radioterapia ao seu pai, fixo un curso de anestesia.

En 1949 estableceuse pola súa conta, primeiro nun piso na rúa Taboada Leal, logo nun chalé alugado no Seixo, e en 1950 mercou o chalé da rúa do Cristo onde exercera o doutor Jiménez. Foi tamén médico de empresa no estaleiro Álvarez e foi cirurxián na Residencia Sanitaria Almirante Vierna (despois Hospital Xeral) e despois no ambulatorio.

Casou con María del Carmen Novella en Valladolid o 4 de xaneiro de 1947. Tivo once fillos e fillas, dos cales seis estudaron tamén Medicina[1]. Presidiu a Casa de Zamora en Vigo[2] e mais a Peña Taurina Viguesa[3].

Recoñecementos editar

  • Unha rúa de Vigo leva o seu nome.

Notas editar

  1. Mosquera, Javier (19/5/2013). "Hombre de bien y eminente cirujano". Faro de Vigo (en castelán). 
  2. "La Casa de Zamora homenajeó el domingo en el Náutico a su socio de honor, el general Antonio Fernández Prieto". El Pueblo Gallego (en castelán). 29 de xaneiro de 1957. 
  3. "Nueva directiva de la Peña Taurina". El Pueblo Gallego (en castelán). 5 de agosto de 1969. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar