Erik Olin Wright
Erik Olin Wright nado en Berkeley (California) o 9 de setembro de 1947, e finado 23 de xaneiro de 2019, foi un sociólogo marxista estadounidense.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Traxectoria
editarEstudou na Universidade de Harvard e no Balliol College de Oxford e na Universidade de California. É profesor na Universidade de Wisconsin, Madison. É director do Real Utopias project, un foro de discusión, investigación e publicacións sobre a transformación social.
Pensamento
editarOlin Wright pretende repensar as teorías clásicas marxistas sobre a estrutura de clases nas sociedades capitalistas contemporáneas. Estas están apegadas excesivamente á identificación do obreiro co traballador manual produtor de mercancías sen clarificar a posición que ocupan os demais asalariados na definición de intereses de clases e na propia loita de clases. Para Olin Wright a distinción entre traballo produtivo e improdutivo é secundaria, pois ela non supón unha diferenza substancial dos intereses de clase. En ámbolos dous casos o capitalista obtén unha plusvalía aínda que xerado en fases e momentos distintos. Aínda que os distintos tipos de traballadores no capitalismo avanzado poden ter intereses inmediatos dispares comparten aqueles que son fundamentais. O socialismo debe artellar unha estratexia que teña en conta ambos tipos de intereses. A revolución acontece cando os explotados ven coincidir os intereses inmediatos cos fundamentais.
Olin Wright subliña que Lenin non tivo en conta suficientemente o factor organizativo, polo que acode a Max Weber para sacar as consecuencias políticas para a toma organizada do poder por parte da clase obreira. Resulta fundamental erosionar as formas burocráticas do capitalismo e non reproducilas no proceso revolucionario da toma de poder por parte da esquerda. A participación directa dos colectivos de traballadores organizados é esencial. Se non se robustece e cohesiona previamente a capacidade da clase obreira, usar o Estado capitalista tardío para destruílo pode xerar unha nova forma de corporativismo alleo ao interese do traballador.
Obras
editar- Class, Crisis and State
- Classes
- Class Counts: Comparative Studies in Class Analyses
- Interrogating Inequality