Enrique de la Mata

político español

Enrique de la Mata Gorostizaga, nado en Teruel o 20 de setembro de 1933 e finado en Roma o 6 de setembro de 1987, foi un político español.

Enrique de la Mata
Enrique de la Mata.jpg
Nacemento20 de setembro de 1933
 Teruel e Madrid
Falecemento6 de setembro de 1987
 Roma
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e avogado
PremiosGran Cruz de la Orden Civil de Sanidad, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, Gran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio, Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco, Cruz de Honra da Orde de San Raimundo de Peñafort, sen etiquetar, Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort e Gran Cruz da Orde Civil do Mérito Agrícola
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en dereito pola Universidade de Madrid e rexistrador da propiedade desde 1960. Secretario Xeral de Sanidade (1966-1969), presidente da Asemblea da Cruz Vermella Española (1967-1969), membro do Consello do Reino, director xeral da Seguridade Social (1969-1975) e ministro de Relacións Sindicais (1976-1977) no segundo goberno de transición entre o réxime do xeneral Francisco Franco e a Monarquía constitucional, presidido por Adolfo Suárez.

O 3 de novembro de 1981 foi elixido presidente da Cruz Vermella Internacional e reelixido no cargo en outubro de 1985.