Enrique Nóvoa López

político galego

Enrique Nóvoa López, coñecido popularmente como Poly, nado en Cudeiro (Ourense) en 1953, é un empresario e político galego.

Infotaula de personaEnrique Nóvoa López
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ourense
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Electricista de profesión e propietario dunha empresa de montaxes eléctricas entre outras,[1] foi elixido concelleiro nas eleccións municipais de 1995 na candidatura de Manuel Cabezas, sendo sucesivamente Concelleiro de Perímetro Rural, Medio Ambiente e Urbanismo baixo o seu mandato. Logo da renuncia de Cabezas no ano 2007 foi nomeado alcalde[2] e tralas eleccións dese mesmo ano cedeu o mando ao socialista Francisco Rodríguez. Continuou como concelleiro portavoz do grupo municipal do PPdeG, exercendo como deputado provincial e vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense. En 2009, nas eleccións ao Parlamento de Galicia, foi elixido deputado pola circunscrición de Ourense.

Foi ademais presidente local do PP en Ourense dende o ano 2007 até o ano 2010.


Predecesor:
Manuel Cabezas
  
Alcalde de Ourense
 
2007
Sucesor:
Francisco Rodríguez

Notas editar

  1. [1], El País, 16/03/2007.
  2. [2], El País, 03/02/2007.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar