Enrique Jaso Paz

agrarista e político galego

Enrique Jaso Paz, nado en Laguardia en 1879 e finado en Tui o 27 de agosto de 1936, foi un agrarista e político galego.

Modelo:BiografíaEnrique Jaso Paz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1879 Editar o valor en Wikidata
Laguardia, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosEvangelina Jaso González, Enrique Jaso González Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 826

Traxectoria

editar
 
Retrato de familia dos Jaso: Enrique Jaso Paz (sentado no chan); Josefa Martínez San Juan (sentada na cadeira); a filla máis vella, Evangelina Jaso González, con cabeleira; o rapaz, Enrique Jaso González (ambos os dous son o froito do primeiro matrimonio do pai); outra nena máis nova, Josefita (no chan, acariñando ao can); e Loliña, no colo da nai.

Nado na Rioxa arabesa nunha familia de ascendencia viguesa. Chegou a Tui cara 1902 para traballar como oficial da secretaría do Concello. De ideoloxía socialista, foi secretario da Federación Obrera de Tui nos anos dez e presidente da Federación Agraria de Tui e director de Vida Agraria. Foi detido en novembro de 1922 pola folga de abastecementos convocada pola organización agraria pontevedresa. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro en xaneiro de 1924, pero abandonou a corporación en abril, para encabezar a oposición dun sector do agrarismo. Creou en 1926 o Centro Republicano de Tui, e na II República foi un dos fundadores da agrupación de Izquierda Republicana da localidade. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, xulgado por traizón e condenado a pena de morte. Foi executado en Tui, na explanada do Instituto de Segundo Ensino o 27 de agosto de 1936. Os seus fillos Enrique e Evangelina Jaso González tamén foron executados.[1]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Alonso Fernández, Bieito (1996). "Enrique Jaso, lembranza dun líder agrario". Os Mártires do 36 (A Nosa Terra): 19–22. 

Outros artigos

editar