Evangelina Jaso González
Evangelina Jaso González, nada en Vigo en 1909 e finada en Tui o 24 de abril de 1937, foi unha republicana galega.
Evangelina Jaso González | |
---|---|
Nome completo | Evangelina Jaso González |
Nacemento | 1909 |
Vigo | |
Falecemento | 24 de abril de 1937 |
Tui | |
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Retrato de familia dos Jaso: Enrique Jaso Paz (sentado no chan); Josefa Martínez San Juan (sentada na cadeira); a filla máis vella, Evangelina Jaso González, con cabeleira; o rapaz, Enrique Jaso González (ambos os dous son o froito do primeiro matrimonio do pai); outra nena máis nova, Josefita (no chan, acariñando ao can); e Loliña, no colo da nai.
Filla de Enrique Jaso Paz. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 o seu marido, José Alonso Martínez foi detido e executado así como o seu pai e o seu irmán Enrique Jaso González. Evangelina ocultou na casa a tres veciños de Porriño: Herminio Saavedra e os irmáns Eduardo e Rogelio Fernández Miniño. Detida, foi xulgada e condenada a pena de morte. Foi executada con Herminio Saavedra o 24 de abril de 1937. Eduardo e Rogelio conseguiron escapar, pero foron asasinados en 1938.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 221. ISBN 978-84-8341-146-9.