Encoro do Pé da Viña

encoro no río Eo

Coordenadas: 43°23′46″N 7°10′52″O / 43.396111111111, -7.1811111111111

O encoro de Pé da Viña foi construído no 1907,[1] no río Eo, entre as comunidades de Asturias (concello de Santiso de Abres) e Galicia (concello de Trabada). Recibe o seu nome do lugar do Pé da Viña, da parroquia de Vilaformán, e alimenta a central hidroeléctrica de Pé da Viña.

Escala de salmóns do encoro do Pé da Viña no río Eo.

Historia editar

 
Central eléctrica do Pé da Viña.

En maio de 2022, co encoro e central pertencendo a ENEL Green Power España, a Audiencia Nacional ordenou derribar as instalacións, despois de que o Ministerio para a Transición Ecolóxica o decidise en xuño de 2019.[2][1] A decisión vén argumentada por quedar 'acreditados os motivos de protección medioambiental que aconsellan a demolición das instalacións e a súa adecuación paisaxística'.[2] As instalacións están nun LIC dentro da Reserva da Biosfera río Eo, Ozcos e Terras de Burón, ó pé da Ruta da antiga vía do ferrocarril Vilaoudriz - Ribadeo.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Exigimos la demolición inmediata de Pé da Viña". La Comarca del Eo. 14/5/2022. 
  2. 2,0 2,1 "La Audiencia ordena demoler la presa de Pé da Viña en el Eo". La Comarca del Eo. 14/04/2022.