Vilaformán, Trabada
parroquia civil do concello de Trabada
San Xoán de Vilaformán é unha parroquia do concello de Trabada na comarca da Mariña Oriental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 66 habitantes (32 homes e 34 mulleres).
Vilaformán | |
---|---|
Contorna da igrexa de S. Xoán en Vilaformán | |
Concello | Trabada[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°24′17″N 7°11′17″O / 43.40466667, -7.18791667 |
Poboación | 44 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo Vilaformán procede da forma Vīllām Frumani, indicando que o posuidor da explotación agraria, a vila, tiña o antropónimo masculino xermánico Fruma.[2]
Lugares e parroquias
editarLugares de Vilaformán
editarLugares da parroquia de Vilaformán no concello de Trabada (Lugo) | |
---|---|
A Carreira Chá | A Grandela | A Igrexa | O Murio de Arriba | Naraído | O Outeiro | O Pé da Viña | A Pereira Parda | O Real | Rodriguelo | O Roxo Seco | Suasribas | A Veiga | Ventoso | Vilachá | Vilasuso | Vilaxusá |