Encaixe de bolillos

técnica de encaixe téxtil

O encaixe de bolillos ou renda de bilros[1][2][3] é unha técnica de encaixe téxtil que consiste en entretecer fíos que inicialmente están enrolados en bobinas, chamadas bolillos, para seren manexados mellor. A medida que avanza o traballo, o tecido suxéitase mediante alfinetes cravados nunha grella ou debuxo realizado en cartón, coñecido co nome de "picado". A posición que ocupa cada alfinete vén determinada polo xeral por un patrón de buracos no picado.

Museo do Encaixe, en Camariñas.

Algúns autores cren que o encaixe de bolillos vén da cultura exipcia e dos faraóns, espallándose posteriormente polo Mediterráneo a través da expansión musulmá. e chegando no século VIII á Península Ibérica, Francia, Bélxica, os Países Baixos e o norte de Italia.

En Galicia destaca o encaixe de bolillos de Camariñas, que conta cun museo propio desde 1996. Aínda que é a localización con máis sona, existen outras vilas con certa tradición de encaixe, entre as que se atopan localizacións na provincia de Pontevedra e nas zonas de Fonsagrada e Viveiro (Provincia de Lugo)[4].

Galería de imaxes

editar
  1. Franco Grande, X.L. (1979). Diccionario galego-castelán. Vigo: Galaxia. 
  2. Ibáñez Fernández, José (1950). Diccionario galego da rima e galego-castelán. Madrid. 
  3. Carré Alvarellos, Leandro (1928). Diccionario galego-castelán. A Coruña. 
  4. MECAM (ed.). "Localización do encaixe de bolillos". Consultado o 24 de xuño de 2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  • mecam.net Museo do encaixe de Camariñas (MECAM)