Emma "Emmuska" Magdolna Rozalia Maria Jozefa Borbala Orczy, baronesa de Orczy, nada en Tarnaörs (Hungría) o 23 de setembro de 1865 e finada en Londres o 12 de novembro de 1947, foi unha novelista, dramaturga e artista británica de orixe húngara. É coñecida pola súa serie de novelas coa personaxe de Scarlet Pimpernel.[1]

Modelo:BiografíaEmma Orczy

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(hu) Orczy Emma Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de-at) Emma Magdalena Rozália Mária Jozefa Borbála Orczy de Orci Editar o valor en Wikidata
23 de setembro de 1865 Editar o valor en Wikidata
Tarnaörs (Hungria Real) Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 1947 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Henley-on-Thames (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
EducaciónWest London School of Art (en) Traducir
Heatherley School of Fine Art (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora, dramaturga, escritora de contos, escritora, novelista, escritora de literatura infantil, escritora de xénero policial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloBarón Editar o valor en Wikidata
FamiliaOrczy Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMontagu Barstow Editar o valor en Wikidata
PaisBódog Orczy Editar o valor en Wikidata  e Emma, Gräfin Wass de Czege Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
A Historical Dictionary of British Women, (p.339) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0649478 Allocine: 409791 Allmovie: p218169 IBDB: 4421
BNE: XX1161068 Musicbrainz: c7ffeeac-6318-4e0a-bc9d-5f241c4b1b35 WikiTree: Orczy-7 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Era filla do barón Felix Orczy (compositor, 1835–1892) e da súa esposa a condesa Emma Wass (1839–1892).[2] Entre os amigos da familia estaban os compositores Charles Gounod, Franz Liszt e Richard Wagner. O pai, tamén empresario, intentara modernizar con nova maquinaria a súa empresa e viu como os obreiros incendiaban as máquinas nunha revolta. Quedou tan afectado que decidiu abandonar Hungría coa súa familia en 1868. Viviron en Bruxelas e despois en París, onde Emma estudou música. Por último, a familia estableceus en Londres en 1880, no 162 de Great Portland Street. Emma Orczy seguiu cursos da West London School of Art e logo da Heatherley's School of Fine Art, onde coñeceu a Montague Maclean Barstow, co que casou en 1894.

 
Emma Orczy en 1920.

Os esposos carecían de medios económicos e Emma Orczy tivo que traballar co seu marido como tradutora e ilustradora. O seu único fillo, o escritor John Montague Orczy-Barstow, naceu o 25 de febreiro de 1899. Pouco tempo despois, a baronesa publicou a súa primeira novela, The Emperor's Candlesticks (1899), que non obtivo éxito ningún. Pola contra, unha serie de relatos policiais aparecidos en Royal Magazine atraeu certo público. Eran bastante orixinais, xa que facía que os casos criminais os resolvese non o típico detective, senón un "vello no recanto" (The Old Man In the Corner, 1909) que permanecía sentado nun salón de té londiniense atando ou desatando nós nun cordel e tomando vasos de leite ou cachos de torta de queixo. Os seus casos leváballos unha moza xornalista, Polly Burton.

O seu seguinte libro, In Mary's Reign (1901), foi mellor recibido e en 1903 escribiu co seu marido unha peza teatral que introducía en escena un cabaleiro inglés que recollía aristócratas franceses fuxidos da Revolución Francesa, The Scarlet Pimpernel. A obra coñeceu un grande éxito durante catro anos e isto impulsouna a escribir unha novela baixo o mesmo título e outras sobre a mesma personaxe, sir Percy Blakeney, The Scarlet Pimpernel (1905–1940), das que a máis célebre foi Will Repay (1906). A personaxe principal é un aristócrata aparentemente dandi, fatuo e superfluo, que leva unha dobre vida en tempos do Terror, durante a Revolución Francesa, salvando aristócratas inocentes do Comité de Saúde Pública e a guillotina. Percy séntese traizoado pola súa esposa, a actriz francesa Marguerite Saint Just, e é perseguido sen tregua polo axente republicano francés Chauvelin.[3]

O éxito das súas obras permitiu á baronesa comprar unha propiedade en Montecarlo, Vila Bijou no 19 Avenue de la Costa (posteriormente demolido), onde pasaba os invernos e estivo durante a segunda guerra mundial. Neses anos viaxou bastante por Europa e América. Orczy non puido volver a Londres ata que acabou a guerra. Montagu Barstow faleceu en Montecarlo en 1942. Sentíndose soa aló e incapaz de viaxar, escribiu as súas memorias, Links in the Chain of Life, publicadas en 1947.[4]

Faleceu en Henley-on-Thames o 12 de novembro de 1947 aos oitenta e dous anos. O seu fillo, John Montague Orczy-Barstow, tamén escritor, empregou o pseudónimo de "John Blakeney", tomado da personaxe creada pola súa nai.

Pronuncia do nome

editar

Preguntada como pronunciar o seu nome, Orczy dixo a The Literary Digest: "Or-tsey. Emmuska —diminutivo que significa "pequena Emma"— acentúase na primeira sílaba e o s equivale ao noso sh; entón, EM-moosh-ka."[5]

 
The Laughing Cavalier foi serializado na revista Adventure en 1914.
Traducións
  • Old Hungarian Fairy Tales (1895) tradutora con Montague Barstow
  • The Enchanted Cat (1895) tradutora con Montague Barstow
  • Fairyland's Beauty (1895) tradutora con Montague Barstow
  • Uletka and the White Lizard (1895) tradutora con Montague Barstow
Pezas teatrais
  • The Scarlet Pimpernel (1903)
  • The Sin of William Jackson (1906)
  • Beau Brocade (1908)
  • The Duke's Wager (1911)
  • The Legion of Honour (1918), adaptada de A Sheaf of Bluebells
Coleccións de relatos
  • The Case of Miss Elliott (1905)
  • The Old Man in the Corner (1909)
  • Lady Molly of Scotland Yard (1910)
  • The Man in Grey (1918)
  • The League of the Scarlet Pimpernel (1919) (The Scarlet Pimpernel series)
  • Castles in the Air (1921)
  • Unravelled Knots (1926)
  • Skin o' My Tooth (1928)
  • Adventures of the Scarlet Pimpernel (1929) (The Scarlet Pimpernel series)
Novelas
  • The Emperor's Candlesticks (1899)
  • In Mary's Reign (1901) despois The Tangled Skein (1907)
  • The Scarlet Pimpernel (1905)
  • By the Gods Beloved (1905)
  • I Will Repay The Scarlet Pimpernel 2 (1906)
  • A Son of the People (1906)
  • Beau Brocade (1907)
  • The Elusive Pimpernel The Scarlet Pimpernel 3 (1908)
  • A Ruler of Princes (1909)
  • The Nest of the Sparrowhawk (1909)
  • Petticoat Government (1910)
  • A True Woman (1911)
  • The Traitor (1912)
  • The Good Patriots (1912)
  • Fire in Stubble (1912)
  • Meadowsweet (1912)
  • Eldorado (1913) (The Scarlet Pimpernel series)
  • Unto Cæsar (1914)
  • The Laughing Cavalier (1914) (The Scarlet Pimpernel series)
  • A Bride of the Plains (1915)
  • The Bronze Eagle (1915)
  • Leatherface (1916)
  • Lord Tony's Wife (1917) (The Scarlet Pimpernel series)
  • A Sheaf of Bluebells (1917)
  • Flower o' the Lily (1918)
  • His Majesty's Well-beloved (1919)
  • The First Sir Percy (1921) (The Scarlet Pimpernel series)
  • The Triumph of the Scarlet Pimpernel (1922) (The Scarlet Pimpernel series)
  • Nicolette: A Tale of Old Provence (1922)
  • The Honourable Jim (1924)
  • Pimpernel and Rosemary (1924) (The Scarlet Pimpernel series)
  • Les Beaux et les Dandys de Grand Siècles en Angleterre (1924)
  • The Miser of Maida Vale (1925)
  • A Question of Temptation (1925)
  • The Celestial City (1926)
  • Sir Percy Hits Back (1927) (The Scarlet Pimpernel series)
  • Blue Eyes and Grey (1929)
  • Marivosa (1930)
  • In the Rue Monge (1931)
  • A Joyous Adventure (1932)
  • A Child of the Revolution (1932) (The Scarlet Pimpernel series)
  • The Scarlet Pimpernel Looks at the World(1933) (The Scarlet Pimpernel series)
  • The Way of the Scarlet Pimpernel(1933) (The Scarlet Pimpernel series)
  • A Spy of Napoleon (1934)
  • The Uncrowned King (1935)
  • The Turbulent Duchess (1935)
  • Sir Percy Leads the Band(1936) (The Scarlet Pimpernel series)
  • The Divine Folly (1937)
  • No Greater Love (1938)
  • Mam'zelle Guillotine(1940) (The Scarlet Pimpernel series)
  • Pride of Race (1942)
  • The Will-O'-The-Wisp (1947)
Edicións Omnibus
  • The Gallant Pimpernel etc. (1930), colección de catro novelas
  • The Gallant Pimpernel (1939), catro novelas
  • The Gallant Pimpernel (1957), catro novelas
Autobiografía
  • Links in the Chain of Life (1947)
  1. Robb, Brian J. (maio de 2014). A Brief History of Superheroes: From Superman to the Avengers, the Evolution of Comic Book Legends. Hatchet UK. 
  2. Szluha, Márton (2012): Vas vármegye nemes családjai II. kötet (Noble families from the county of Vas, II tome). Heraldika kiadó. page 260.
  3. Naversen, Ron (2015). "The (Super) Hero's Masquerade". En Bell, Deborah. Masquerade: Essays on Tradition and Innovation Worldwide. McFarland. pp. 217ff. ISBN 978-0-7864-7646-6. 
  4. Notas introdutorias a 'The Scarlet Pimpernel', Sarah Juliette Sasson, Barnes & Noble Classics, 2005, ISBN 978-1-59308-234-5, páx. v,xii
  5. Charles Earle Funk, What's the Name, Please?, Funk & Wagnalls, 1936.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar