Emilio López Pérez
político español
Emilio López Pérez, coñecido como Milucho, nado o 31 de marzo de 1952 en Sindrán (Monforte de Lemos), é un político e sindicalista galego.
Emilio López Pérez | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1952 |
Monforte de Lemos | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou no Seminario de Lugo e socioloxía na Universidade Complutense. Pola súa relación con Manuel María e Lois Diéguez entrou en contacto no nacionalismo galego, na súa etapa en Madrid participou na Agrupación Cultural Lóstrego, tamén participou no sindicalismo agrario nacionalista nas Comisións Labregas, chegando a ocupar a secretaria xeral. Foi deputado no Parlamento de Galicia co BNG (1993-2005) e foi delegado da consellería do Medio Rural na provincia de Lugo.
Libros publicadosEditar
EnsaioEditar
- A terra sabe a loita. Testemuño de rebeldía labrega, 2012, Fundación Bautista Álvarez.