Emilio Comesaña Sobreira

carpinteiro e sindicalista galego

Emilio Comesaña Sobreira, nado en Vigo cara a 1887 e finado en Vincios (Gondomar) o 6 de outubro de 1936, foi un carpinteiro e político galego.

Emilio Comesaña Sobreira
Nacemento1887
Lugar de nacementoVigo
Falecemento6 de outubro de 1936
Lugar de falecementoVincios
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncarpinteiro e sindicalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Veciño de Alcabre, era membro da Sociedad de Agricultores y Ganaderos de Alcabre, que en novembro de 1934 se constituíu como sindicato agrario, sendo elixido José Comesaña como vicepresidente.[1] No verán de 1936 era o presidente do sindicato. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 xunto con outros membros da directiva da sociedade, os seus primos Antonio e José Comesaña Pérez, e Fernando Costas Iglesias, foron ao cuartel da Garda Civil de Bouzas a pedir armas para opoñerse ao golpe, e non llas entregaron. O 30 de setembro foron detidos. Foron encerrados no frontón da rúa María Berdiales, de onde os sacou Francisco González Rodríguez o 6 de outubro para asasinalos. O seu cadáver apareceu en Vichicáns, na Volta da Matanza (Vincios, Gondomar), xunto cos de Fernando Costas e Manuel Enrique Villar Cimadevila.

Vida persoal editar

Casou con Aurora Fernández e foi pai de Aurora, Argentina, Carmen, Sara, Emilio, José e Manuel Comesaña Fernández.

Notas editar

  1. El Tea, 24-11-1934, p. 1.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar