Ely do Amparo, coñecido simplemente como Ely, nado en Paracambi o 14 de maio de 1921 e finado no Río de Xaneiro o 9 de marzo de 1991,[1] foi un futbolista brasileiro, que xogaba como defensa. Foi internacional coa selección brasileira, coa que disputou dúas Copas do Mundo (1950 e 1954).

Ely
Información persoal
Nome Ely do Amparo
Nacemento 14 de maio de 1921
Lugar de nacemento Paracambi
Falecemento 9 de marzo de 1991
Lugar de falecemento Paracambi
Altura 184 centímetros
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1939 America
1940–1944 Canto do Rio
1944 Vasco da Gama
1945–1952 Vasco da Gama
1952–1955 Sport
Selección nacional
1949–1954 Brasil 17 (0)
Na rede
FIFA: 63848 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira no America, en 1939, pasando en 1940 ao Canto do Rio, no que militou durante cinco anos.

En 1945 fichou polo Vasco da Gama,[1] onde formou parte do chamado Expresso da Vitória,[2] o equipo do Vasco que conquistou varios títulos nas décadas de 1940 e comezos de 1950. Disputou un total de 367 partidos co club e gañou cinco veces o Campionato Carioca (en 1945, 1947, 1949, 1950 e 1952).[3] En 1948 proclamouse campión do histórico Campionato Suramericano de Clubs, considerado o antecesor da Copa Libertadores.[1]

En 1953 foi traspasado ao Sport, co que gañou dous Campionatos Pernambucanos antes de retirarse en 1955.[1]

Selección brasileira editar

Foi 19 veces internacional coa selección brasileira, coa que debutou en 1949. Ese mesmo ano disputou o Campionato Suramericano, proclamándose campión tras derrotar na final a Paraguai.[4] Foi parte do equipo brasileiro no Mundial de 1950, onde foi titular no partido inaugural do seu equipo ante México, formando liña defensiva xunto con Augusto e Juvenal.[5] Non disputou máis partidos naquel torneo, no que o seu equipo acabou segundo despois de perder ante o Uruguai no Maracanazo.

Formou parte do equipo que gañou o Campionato Panamericano en 1952.[1] Acudiu coa selección tamén ao Mundial de 1954, pero non chegou a xogar ningún encontro.

Palmarés editar

Vasco da Gama
Sport
Selección do Brasil

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Enciclopédia do Futebol Brasileiro (en portugués). Río de Xaneiro: Aretê Editorial S/A. 2001. p. 68. ISBN 85-88651-01-7. 
  2. Rozenberg, Marcelo (11 de setembro de 2008). "Eli do Amparo ou Ely do Amparo (ex-médio e lateral do Vasco)" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2 de outubro de 2011. Consultado o 3 de maio de 2022. 
  3. "No centenário de Ely do Amparo, neta do ex-craque faz Tour pela Colina Histórica" (en portugués). 14 de maio de 2021. Consultado o 2 de maio de 2022. 
  4. "Southamerican Championship 1949". rsssf.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2009. Consultado o 3 de maio de 2022. 
  5. "Brasil 4-0 México". FIFA (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2022.