Augusto da Costa

futbolista brasileiro

Augusto da Costa, nado no Río de Xaneiro o 22 de outubro de 1920 e finado na mesma cidade o 1 de marzo de 2004, foi un futbolista brasileiro que xogaba como lateral dereito. Desenvolveu toda a súa carreira entre o São Cristóvão e o Vasco da Gama. Foi internacional coa selección brasileira, á que capitaneou no Mundial de 1950, proclamándose subcampión.

Augusto
Información persoal
Nome Augusto da Costa
Nacemento 22 de outubro de 1920
Lugar de nacemento Río de Xaneiro
Falecemento 1 de marzo de 2004
Lugar de falecemento Río de Xaneiro
Altura 176 centímetros
Posición defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1936–1944 São Cristóvão
1945–1954 Vasco da Gama 297 (22)
Selección nacional
1946–1950 Brasil 20 (1)
Adestrador
Guará
1957 Os Belenenses
Na rede
FIFA: 48147 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Como futbolista editar

Comezou a súa carreira como futbolista en 1935 no São Cristóvão, club no que xogou durante oito anos e co que gañou o Torneo Municipal en 1943. En 1940, nun partido contra o Atlético Mineiro, unha entrada súa sobre Dondinho, pai de Pelé, lesionou gravemente a este, que non volveu xogar co club mineiro.[1][2]

Porén, os seus maiores éxitos logrounos co Vasco da Gama, equipo no que xogou de 1945 a 1954 e do que foi capitán. Co Vasco gañou cinco Campionatos Cariocas (1945, 1947, 1949, 1950 e 1952), así como varios torneos en diferentes xiras por América do Sur, incluíndo o Campionato Suramericano de Campións, considerado o precursor da Copa Libertadores. Disputou 311 partidos co Vasco da Gama, nos que marcou 22 goles.[3][4]

Selección brasileira editar

Foi internacional coa selección brasileira entre 1946 e 1950, tempo durante o que xogou 20 partidos e marcou un gol.[5] Participou en dous Campionatos Suramericanos, gañando o segundo deles, en 1949, tras golear por 7-0 na final a Paraguai.[6] Durante ese campionato marcou o seu único gol co Brasil, nunha goleada por 7-1 sobre o Perú.[6]

Capitaneou á canarinha no Mundial de 1950, disputando como titular todos os partidos, incluída a derrota no encontro decisivo ante o Uruguai no Maracanã, que pasou á historia co nome de Maracanazo. Foi o seu último partido como internacional, pois non volveu ser convocado.

Como adestrador editar

Rematada a súa carreira como xogador, probou sorte como adestrador. Dirixiu o Guará-DF e foi axudante de Martim Francisco no Vasco da Gama.[7] En xullo de 1957 foi contratado polo Belenenses de Portugal para ocupar o lugar de Fernando Riera. Estivo á fronte do equipo durante só oito xornadas, ata que foi substituído por Helenio Herrera.[7]

Fóra do fútbol traballou como policía dende a súa época de futbolista do São Cristóvão. Formou parte da Policía Militar Especial do Río de Xaneiro e tras deixar o fútbol trasladouse a Brasilia, onde ascendeu a tenente-coronel e comandante da GEB (Garda Especial de Brasilia).[3][5][8] Tamén traballou como censor federal, censurando obras artísticas como cancións ou filmes antes e durante a ditadura militar.[4]

Palmarés editar

São Cristóvão
  • Torneo Municipal (1): 1943.
Vasco da Gama
Selección brasileira

Notas editar

  1. Mangini, Claudio (28 de maio de 2014). "Le lacrime di Pelè fanno piangere gli altri" (en italiano). Consultado o 27 de abril de 2022. 
  2. Rozenberg, Marcelo. "Dondinho" (en portugués). Consultado o 27 de abril de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Augusto da Costa… um capitão para não esquecer" (en portugués). 23 de decembro de 2012. Consultado o 27 de abril de 2022. 
  4. 4,0 4,1 De Vico, Marcello (23 de março de 2012). "Capitão da censura" (en portugués). Consultado o 27 de abril de 2022. 
  5. 5,0 5,1 Rozenberg, Marcelo. "Augusto" (en portugués). Consultado o 27 de abril de 2022. 
  6. 6,0 6,1 Tabeira, Martín. "Southamerican Championship 1949". rsssf.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2009. Consultado o 27 de abril de 2022. 
  7. 7,0 7,1 "Augusto da Costa (do Vasco da Gama) novo treinador do Belenenses chegou hoje a Lisboa" (en portugués). 26 de febreiro de 2016. Consultado o 27 de abril de 2022. 
  8. "Augusto da Costa, conquistou cinco campeonatos estaduais pelo Vasco da Gama como zagueiro" (en portugués). 5 de maio de 2014. Consultado o 27 de abril de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar