Elvira Novo García

mestra e activista cultural galega

Elvira Novo García, nada en Ferrol no século XIX e finada na mesma cidade o 21 de febreiro de 1931,[1] foi unha mestra e activista cultural galega.

Modelo:BiografíaElvira Novo García
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de febreiro de 1931 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata
Sinatura de Elvira Novo García.

Traxectoria

editar

Mestra nacional. En 1896 foi nomeada profesora da Escola de Artes e Oficios de Ferrol (de bordado á man)[2]. Escribiu en diversos xornais e revista de ámbito local e galego (ás veces baixo pseudónimo). Colaborou, por exemplo, coas publicacións Marineda, Revista Gallega e a Galicia de Augusto C. de Santiago.

Foi unha firme defensora da educación como piar para o progreso de Galicia:

Onde brote a primeira idea de proxecto debemos levar todos o nosos grans de area sen vacilacións nin rivalidades, e deberá ser o noso lema invariable Todo por Galicia e para Galicia…[3]

Foi unha continuadora do labor de Concepción Arenal e unha das promotoras da Asociación Benéfica Concepción Arenal. Así mesmo, en 1919 participou da creación do Padroado Feminino Concepción Arenal, para o cal exerceu o cargo de secretaria[4]. Foi tamén vocal do Consejo Superior de Protección a la Infancia[5].

  1. La Voz de Galicia, 22-2-1931, p. 8.
  2. Rutas turísticas. Ferrol en feminino. Mulleres na historia da cidade pp. 27-28. 2009. ISBN 978-84-9812-099-8.
  3. Marco, A. (1993). As Precursoras. Achegas para o estudo da escrita feminina (Galiza 1800-1936). La Voz de Galicia.
  4. As mulleres na historia[Ligazón morta] 10ª v., 11/1/2016, p. 22. Álbum de mulleres. CCG.
  5. Vida Gallega, 28-2-1931, p. 48.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar