Elliott 6m
O Elliot 6m é un iate de tres tripulantes que foi clase olímpica nos Xogos Olímpicos de 2012 en substitución da clase Yngling, é dicir, como barco para tripulacións femininas. Foi deseñado polo neozelandés Greg Élliott en 2000, e a decisión foi tomada pola Federación internacional de vela (ISAF) en 2008.

Características editar
As regatas das olimpíadas neste tipo de embarcación disputáronse na modalidade de match race, onde as galegas Támara Echegoyen e Sofía Toro, xunto coa asturiana Ángela Pumariega conseguiron a medalla de ouro[1][2].
Notas editar
- ↑ Resultados das probas de Élliott 6m. Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de 2012 (en inglés).
- ↑ As galegas Sofía Toro e Tamara Echegoyen conquistan o terceiro ouro para España en Londres 2012, artigo de La Voz de Galicia do 12/08/2012 (en galego).