Ángela Pumariega

Ángela Pumariega navegando en Xixón en 2012.

Ángela Pumariega Menéndez, nada o 12 de novembro de 1984 en Xixón, é unha regatista española do Real Club Astur de Regatas[1].

TraxectoriaEditar

Comezou a competir en Vela lixeira con 6 anos e iniciou a súa formación na clase internacional Optimist, pasando logo a Cadet e posteriormente a Snipe. Nesta última clase foi onde comezou a destacar, e foi elixida por Félix Gancedo para os campionatos do mundo e de Europa de categoría máster en 2004.

En 2008, con Carmen Mateo de tripulante quedou sétima no campionato do mundo feminino de Snipe, e con Nuria Lacera gañou a Copa de España desa mesma clase[2].

Na modalidade Match Race, compartindo tripulación coas galegas Támara Echegoyen e Sofía Toro, foi campioa de España en 2010 e 2011[3], campioa iberoamericana en 2010[4] e campioa de Europa en 2011[5]. Así mesmo, tamén coas dúas galegas como compañeiras, conseguiu a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2012 nesta mesma modalidade[6], con barcos da clase Elliott 6m, sendo esta a primeira vez que se introduciu o match race na categoría feminina nuns Xogos.

NotasEditar

  1. Ficha Páxina do COE onde se poden consular as fichas de tódolos olímpicos (en castelán).
  2. Un inicio de éxito, artigo de El Comercio, do 21/05/2008 (en castelán).
  3. Pumariega revalida el título nacional, artigo de El Comercio do 15/03/2011 (en castelán).
  4. Pumariega, campeona iberoamericana Match race, artigo de La Nueva España do 21/09/2010 (en castelán).
  5. Pumariega gana el europeo de Match Race, artigo de El Comercio do 04/07/2011 (en castelán).
  6. As galegas Sofía Toro e Tamara Echegoyen conquistan o terceiro ouro para España en Londres 2012, artigo de La Voz de Galicia do 12/08/2012 (en galego).