Sofía Toro Prieto-Puga, nada na Coruña o 19 de agosto de 1990, é unha regatista galega do Real Club Náutico da Coruña.

Infotaula de personaSofía Toro
Biografía
Nacemento(es) Sofía Toro Prieto-Puga Editar o valor em Wikidata
1990
A Coruña
Datos persoais
País de nacionalidadeGalega
Altura159 cm Editar o valor em Wikidata
Peso68 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónregatista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
DeporteVela
Posición de xogoOuro olímpico
Participou en
2012Xogos Olímpicos de 2012 Editar o valor em Wikidata

Twitter: sofiatoropp Olympic.org: sofia-toro-prieto-puga Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Compite na modalidade de match race, onde forma equipo coa patroa Támara Echegoyen e Ángela Pumariega. Foron campioas olímpicas nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres nesta modalidade, con barcos da clase Elliott 6m.[1]

Ademais, a tripulación foi campioa de España en 2010 e 2011,[2] campioa iberoamericana en 2010[3] e campioa de Europa en 2011.[4]

Recoñecementos editar

En 2013 recibiu o Premio á "Mellor deportista" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da II Gala do Deporte Feminino Galego.[5]

Notas editar

  1. "As galegas Sofía Toro e Tamara Echegoyen conquistan o terceiro ouro para España en Londres 2012]". La Voz de Galicia. 12 de agosto de 2012. 
  2. Velasco, Alejandra (14-03-2011). "Echegoyen revalida su título nacional". Navegar (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23-11-2011. Consultado o 14-08-2012. 
  3. "Pumariega, campeona iberoamericana «Match Race»". La Nueva España (en castelán). 21 de setembro de 2010. 
  4. "Pumariega gana el Europeo de Match Race". El Comercio (en castelán). catro de setembro de 2011. 
  5. "Ames acolle a II Gala do deporte feminino galego". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-02-20. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar