Eliseo Mouriño
Eliseo Víctor Mouriño Oyarbide, nado en Buenos Aires o 3 de xuño de 1927 e finado en Cerro Las Ánimas, Chile, o 3 de abril de 1961, foi un futbolista arxentino, de orixes galega e vasca, que se desempeñaba na posición de volante de contención.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de xuño de 1927 Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 3 de abril de 1961 (33 anos) Longaví, Chile (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | morte accidental, traxedia de Green Cross | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 168 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 66 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1946 - 1961 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1958 | Mundial de Fútbol Suecia 1958 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1955 | Campionato Suramericano de 1955 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Destacou no Club Atlético Banfield e no Boca Juniors, sendo considerado un ídolo de ambos clubs. Con Banfield rematou na primeira posición o campionato arxentino de 1951, acabando finalmente subcampión tras xogar dous partidos de desempate contra o Racing Club. O Estadio Florencio Sola de Banfield ten unha tribuna co seu nome. Con Boca gañou o campionato arxentino de 1954.
Foi 21 veces internacional coa selección arxentina, coa que conquistou dúas edicións da Copa América, en 1955 e 1959. En 1961 fichou polo Green Cross de Chile, onde faleceu ao pouco de chegar, nun accidente aéreo no que perderon a vida a maioría dos seus compañeiros de equipo e o corpo técnico.
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarNaceu en Mataderos, fillo do galego Antonio Mouriño e da vasca Concepción Oyarbide.[1] O seu pai morreu cando tiña 4 anos e a familia mudouse ao barrio de San Cristóbal. Neste barrio comezou a xogar ao fútbol, formando parte do Superclub ata 1941, cando entrou na canteira do Club Atlético Banfield.[2]
Banfield
editarTras xogar nas categorías inferiores de Banfield debutou co primeiro equipo na Primera B (segunda división do fútbol arxentino) o 1 de xuño de 1946, nunha vitoria por 3-1 contra Unión de Santa Fe. Ese ano o equipo acabou primeiro e ascendeu á Primeira División.[3]
Debutou na máxima categoría o 9 de maio de 1948 contra Independiente. Consolidouse no campionato de 1949 e foi titular indiscutible no equipo ata 1952. Na tempada 1951 contribuíu a que o equipo lograse un histórico primeiro posto, empatado a puntos co Racing Club. Xogáronse entón no Gasómetro dous partidos de desempate que acabaron 0-0 o primeiro e 1-0 o segundo, con vitoria para Racing cun gol de Mario Boyé. Este equipo de Banfield foi o primeiro dos non chamados grandes en rematar primeiro no fútbol arxentino.[3][4]
A tribuna leste do Estadio Florencio Sola leva o nome de Eliseo Mouriño.[5]
Boca Juniors
editarEmilio Baldonedo, que fora adestrador de Banfield, chegou en 1951 ao Boca Juniors e desde o principio suxeriu á xunta directiva a contratación de Eliseo Mouriño, concretándose finalmente esta para a tempada 1953. En Boca formou un lembrado tridente con Lombardo e Pescia, e foi unha figura clave para gañar o campionato de 1954, despois de dez anos de seca.[3] Mouriño xogou en Boca ata 1960, e en 1961 fichou polo Green Gross de Chile.
Traxedia de Green Cross
editarMouriño aceptou ir a Chile e vestir a camiseta do Green Cross para participar no campionato que expandiu o fútbol cara ao sur do país que se preparaba para organizar o Mundial de 1962. Non obstante, nunha viaxe entre Osorno e Santiago despois dun partido contra a selección de Osorno para o torneo de apertura "Copa Chile", o avión no que viaxaba o equipo estrelouse contra o outeiro Las Ánimas, preto de Linares, morrendo todos os pasaxeiros e a tripulación. Este accidente foi coñecido como a traxedia de Green Cross. En homenaxe a eles, a Copa Chile do ano seguinte foi chamada Copa Chile Green Cross.[3]
En 2015 acháronse restos do avión que foi protagonista do tráxico voo.[6]
Selección arxentina
editarEliseo xogou 25 partidos coa selección da Arxentina, todos mentres xogaba en Boca Juniors. En 1955, baixo a batuta de Guillermo Stábile proclamouse campión da Copa América en 1955.[7] Foi parte do equipo arxentino no Mundial de 1958 en Suecia, aínda que non chegou a disputar ningún partido, pois foi como suplente de Néstor Rossi.[3] En 1959 participou na súa segunda Copa América, celebrada na Arxentina. Disputou catro partidos no torneo, incluído o partido decisivo no Monumental de Núñez contra o Brasil de Pelé, Didi e Garrincha, no que a selección arxentina se proclamou campioa.[8]
Palmarés
editarBoca Juniors
- Primeira División da Arxentina (1): 1954.
Selección arxentina
- Copa América (2): 1955, 1959.
Notas
editar- ↑ Lorda, Iñaki (16 de outubro de 2020). "Banfield y el gallego del sur" (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2021.
- ↑ "Biografia de Eliseo Mouriño" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2010. Consultado o 19 de outubro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Eliseo Mouriño, un héroe trágico" (en castelán). 8 de xullo de 2016. Consultado o 19 de outubro de 2021.
- ↑ Raffo, Víctor (1996). Banfield. Campeón Moral 1951. ISBN 950-43-6970-7.
- ↑ "Sin alambrado y sentados: la iniciativa "al estilo europeo" de Banfield para su estadio" (en castelán). 29 de xuño de 2019. Consultado o 19 de outubro de 2021.
- ↑ "Expedición encuentra restos del avión en que iba equipo de Green Cross" (en castelán). Consultado o 19 de outubro de 2021.
- ↑ "Campionato suramericano de 1955". rsssf.com (en inglés). Consultado o 19 de outubro de 2021.
- ↑ "Campionato suramericano de 1959". rsssf.com (en inglés). Consultado o 19 de outubro de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en BDFA.com.ar (en castelán).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eliseo Mouriño |