Osorno, Chile
Osorno é un municipio, cidade e comuna de Chile con 145.475 habitantes (INE 2002). Foi fundado en 1558 como municipio e ten unha superficie de 951 km2. Está localizada a 945,8 km ó sur de Santiago de Chile, e 232 km ó oeste da cidade arxentina de San Carlos de Bariloche. É o eixo de unión entre dúas capitais rexionais, Valdivia e Puerto Montt.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Chile | |||
Rexión | Rexión de Los Lagos | |||
Provincia | Provincia de Osorno | |||
Comuna | Osorno (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 147.460 (2017) (155,01 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 951,3 km² | |||
Altitude | 39 m | |||
Creación | 12 de marzo de 1558 | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | municipalidadosorno.cl |
Osorno é o principal centro de servizos de agricultura e gandería do norte da rexión de Los Lagos. A herdanza cultural da cidade é unha mestura de influencias españolas, huilliche e alemás.
Historia
editarVella Osorno
editarA cidade foi orixinalmente concibida para ser construída en 1553 polo Tenente Xeneral Francisco de Villagra co nome de Santa Marina de Gaete no sitio dunha vila huilliche chamada Chauracavi. Porén, a morte do gobernante Pedro de Valdivia impediu a realización do plan cando estaba a piques de materializarse.
O 27 de marzo de 1558, a cidade foi finalmente fundada polo gobernador García Hurtado de Mendoza, que lle puxo o nome de Villa de San Mateo de Osorno na honra do seu avó, conde de Osorno. Foi destruída polo pobo huilliche en outubro de 1602.
Nova Osorno
editarO 22 de novembro de 1792, Tomás de Figueroa tomou posesión das ruínas da cidade. Baixo as ordes de Ambrosio O'Higgins, Osorno foi reconstruída por Juan Mackenna, e declarouse repoboada en 1796. A O'Higgins, en compensación, foi outorgado o título de Marqués de Osorno.
Galería de imaxes
editar-
Barrio de Osorno
-
Catedral de San Mateo
-
Bosque de Chile
-
Estación de esquí Antillanca
-
Estadio Rubén Marcos Peralta
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Osorno, Chile |