Elisabeth Rasekoala

Enxeñeira química e divulgadora nixeriana


Elisabeth Rasekoala, nada en Nixeria en 1960,[1] é unha enxeñeira química, divulgadora científica, experta no desenvolvemento internacional sobre a enerxía e activista africana.[2] Dende 2014, é fundadora e presidenta da organización Africa Gong (Rede Panafricana para a Popularización da Ciencia e a Tecnoloxía en África).[3]

Infotaula de personaElisabeth Rasekoala
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Nixeria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira química , divulgadora científica Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos e educación editar

Nada en 1960 en Nixeria, recibiu unha educación baseada na igualdade de dereitos entre os homes e as mulleres. Isto último serviu para que Rasekoala iniciase unha vocación relacionada co campo científico, pois consideraba que as ciencias eran unha forma de poder transformar a sociedade na que vivía, e decidiu estudar enxeñaría química na Universidade de Nixeria. A razón principal que motivou a esta científica a estudar esta carreira foi o seu interese por coñecer os procesos químicos e os sistemas, e ver como os coñecementos e as habilidades que lle podían proporcionar estudar unha enxeñaría podían ser útiles para resolver numerosos problemas no ámbito mundial. Posteriormente, tras acabar os seus estudos, mudouse ao Reino Unido onde realizou un posgrao na Universidade de Manchester onde presenciou unha clara evidencia de machismo e racismo que a impulsaron a formar parte de numerosos movementos e campañas para loitar polos dereitos da igualdade.[4]

Vida laboral editar

Tras acabar o seu posgrao, estivo traballando durante dúas décadas no campo da industria petroquímica en Europa, África e América onde se volveu a atopar coa perspectiva masculina, branca e eurocéntrica na que vivía o mundo científico.[5] Isto deu lugar a que a propia Rasekoala se decidise a investigar, a presentar e mesmo a elaborar numerosas cuestións relacionadas coa educación da STEM (Science, Technology, Engineering and Maths)[6] e así desenvolver competencias que reducinse estes estereotipos.

Non obstante, un dos seus maiores logros foi a creación no 2014 da organización África Gong, un colectivo de científicos africanos que traballan na comunicación científica co fin de lograr unha voz representativa de África dentro do discurso internacional para que así esta poida contribuír ás estruturas globais e ás capacidades institucionais para o avance da comunicación científica, os estudos da ciencia e sociedade e a aprendizaxe e a comprensión da ciencia. Á súa vez, o seu principal obxectivo é solucionar os problemas máis desfavorecedores do continente africano destacando o alto nivel de analfabetismo. Ademais ten como fin erradicar numerosas enfermidades que resultan difíciles de curar debido ao descoñecemento dos principios científicos como pode ser a hixiene ou a relación entre a saúde e outros parámetros sociais.A propia Rasekoala afirma que se solucionan estes problemas, pódese mellorar a calidade de vida en África e reducir a mortalidade infantil e materna.[Cómpre referencia]

Cabe destacar que á parte de África Gong, esta enxeñeira creou e na dirixe en 2020 un programa sobre a promoción da igualdade de xénero en África: Women Advancement Forum (Wafi), na Universidade de Ibadan de Nixeria; e un programa para a Incorporación da inclusión de xénero na investigación sobre o cambio global en Suráfrica. Grazas a isto, na actualidade forma parte da Comisión da Unión Africana (CUA) e é membro da Comisión da Organización das Nacións Unidas polos Dereitos Humanos, a Comisión Económica das Organización das Unidas para África, a UNESCO, e o Banco Africano de Desenvolvemento (AfDB). Ademais, durante estes últimos anos [cando?] asesorou a gobernos, institucións e organizacións multilaterais e mesmo creou un grupo de referencia do goberno surafricano sobre o xénero, a ciencia e a tecnoloxía chamado SET4Women. Tamén cómpre mencionar o seu labor na creación da Rede Africana do Caribe para a Ciencia e Tecnoloxía (ACNST)[7], dende onde traballou para avanzar no desenvolvemento humano, a igualdade de xénero e a inclusión social na empresa científica.

Vida persoal editar

Elizabeth Raskoala forma parte dunha familia formada por catro irmáns. O seu pai é un coñecido avogado e partidario de independencia de Nixeria, quen lles inculcou aos seus fillos unha educación baseada na igualdade de raza e xénero.[4]

Recoñecementos editar

O máis destacado é o premio Nat[2][8], unha distinción honorífica que premia aquelas persoas ou institucións de ámbito local ou internacional que achegan un novo enfoque na divulgación da ciencia. Este premio foille concedido no ano 2019 pola súa loita a favor da diversidade, a inclusión sociocultural e de xénero na divulgación, a aprendizaxe e a práctica da ciencia en África.

Notas editar

  1. Ingeniera, Mujer. "Premio Nat 2019: Elizabeth Rasekoala, ingeniera química y ejemplo para las niñas de África y el mundo. | Mujer Ingeniera". www.mujeringeniera.com (en castelán). Consultado o 2020-04-10. 
  2. 2,0 2,1 "La ingeniera química Elisabeth Rasekoala premio Nat 2019". La Vanguardia (en castelán). 3-6-2019. Consultado o 19-2-2020. 
  3. "About Us". africangong.org (en inglés). Consultado o 19-2-2020. 
  4. 4,0 4,1 "Una ingeniera modelo para las niñas africanas". www.magazinedigital.com. Consultado o 2020-04-10. 
  5. Junyent, Cristina (2019-12-02). "Elizabeth Rasekoala: Tejer la telaraña para cambiar mentalidades". Revista Mètode (en castelán). Consultado o 2020-04-10. 
  6. "L’enginyera nigeriana Elisabeth Rasekoala ha ofert una conferència sobre ‘Women in STEM’ a la UPC". upc.edu (en catalán). 11-6-2019. Consultado o 19-2-2020. 
  7. "Keynote Elisabeth Rasekoala". ecsite.eu (en inglés). Consultado o 19-2-2020. 
  8. "Premio NAT". 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar